Saltar al contenido

Examen resuelto de Química — Extraordinaria 2021

Galicia8 problemas100% Resuelto
Pregunta
Pregunta 1
2 puntos(1 + 1)
Estrutura molecular e enlace
Momento dipolar de CS₂ e NCl₃; enlace covalente vs iónico (Cl₂ vs CsCl)
Conteste a cada unha das seguintes cuestións xustificando a resposta.
1.1. Indique se as moléculas CS₂ e NCl₃ teñen ou non momento dipolar.
1.2. Explique porqué a molécula de cloro é covalente mentras que o CsCl é un composto iónico. Indique unha propiedade de cada composto.
1.1)
Momento dipolar de CS₂ e NCl₃.
(1 punto)
1.2)
Enlace Cl₂ (covalente) vs CsCl (iónico) e propiedades.
(1 punto)
Pregunta 2
2 puntos(1 + 1)
Propiedades periódicas e química orgánica
Radio atómico e afinidade electrónica; reaccións orgánicas (substitución, adición, condensación)
2.1. Para os elementos A, B e C de números atómicos 7, 9 e 37, respectivamente, ordéneos de maior a menor raio atómico e indique cal terá máis tendencia a captar un electrón para formar un anión. Xustifique a resposta.
2.2. Complete as seguintes reaccións químicas orgánicas empregando as fórmulas semidesenvolvidas e indique o tipo de reacción ao que pertencen:
CH₃-CH₂OH + HBr → ______ + H₂O
CH₂=CH₂ + H₂O → ______
CH₃-COOH + CH₃NH₂ → ________ + H₂O
2.1)
Orde de radio atómico e tendencia a formar anión.
(1 punto)
2.2)
Complete as reaccións orgánicas e indique o tipo.
(1 punto)
✓
¿Te atascas con Química? Te lo explicamos en 1 hora
Clase particular · Sin compromiso
Pedir clase
Pregunta 3
2 puntos(1 + 1)
Cinética e solubilidade
Unidades de k para reacción de orde 3 e efecto do ión común sobre Kps do CaCO₃
3.1. A ecuación de velocidade dunha reacción é v = k·[A]·[B]²; razoe se as unidades da constante de velocidade son mol⁻¹·L·s.
3.2. Disponse dunha disolución acuosa saturada de CaCO₃ en equilibrio co seu sólido; indique como se verá modificada a súa solubilidade ao engadirlle Na₂CO₃, considerando este sal totalmente disociado. Razoe a resposta indicando o equilibrio e a expresión da constante do produto de solubilidade (Kps).
3.1)
As unidades de k son mol⁻¹·L·s?
(1 punto)
3.2)
Efecto do Na₂CO₃ sobre a solubilidade do CaCO₃.
(1 punto)
Pregunta 4
2 puntos(1 + 1)
Equilibrio químico
Disociación do N₂O₄: concentracións, grao de disociación, presións parciais
Nun recipiente de 10 litros introdúcense 2 moles de N₂O₄ gasoso a 50 °C producíndose o seguinte equilibrio de disociación: N₂O₄(g) ⇌ 2 NO₂(g). Se a constante Kp a devandita temperatura é de 1,06; calcule:
4.1. As concentracións dos dous gases tras alcanzar o equilibrio e a porcentaxe de disociación do N₂O₄.
4.2. As presións parciais de cada gas e a presión total no equilibrio.
4.1)
Concentracións no equilibrio e % disociación.
(1 punto)
4.2)
Presións parciais e presión total.
(1 punto)
📊
Calcula tu nota de selectividad
Nuestra calculadora te dice si llegas a la nota de corte
Ir a la calculadora
Pregunta 5
2 puntos(1 + 1)
Equilibrio ácido-base
Ácido débil monoprótico: concentración de A⁻, grao de disociación, Ka e Kb
Unha disolución acuosa 0,03 M dun ácido monoprótico (HA) ten un pH de 3,98. Calcule:
5.1. A concentración molar de A⁻ na disolución e o grao de disociación do ácido.
5.2. O valor da constante do ácido (Ka) e o valor da constante da súa base conxugada (Kb).
5.1)
[A⁻] e grao de disociación.
(1 punto)
5.2)
Ka e Kb.
(1 punto)
Pregunta 6
2 puntos(1 + 1)
Redox e estequiometría
Axuste redox K₂Cr₂O₇/FeSO₄ e cálculo de gramos de Cr₂(SO₄)₃
O dicromato de potasio (K₂Cr₂O₇) reacciona con sulfato de ferro(II), en medio ácido sulfúrico, dando sulfato de ferro(III), sulfato de cromo(III), sulfato de potasio e auga.
6.1. Axuste as ecuacións iónica e molecular polo método do ión-electrón.
6.2. Calcule os gramos de sulfato de cromo(III) que poderán obterse a partir de 5,0 g de K₂Cr₂O₇ se o rendemento da reacción é do 60%.
6.1)
Axuste polo método do ión-electrón.
(1 punto)
6.2)
Gramos de Cr₂(SO₄)₃ con 60% de rendemento.
(1 punto)
📚
Practica con más exámenes de Química
El mayor directorio de selectividad de España · Gratis
Ver exámenes
Pregunta 7
2 puntos(1 + 1)
Estequiometría e laboratorio
Precipitación de BaSO₄ e filtración a baleiro
Mestúranse 20 mL dunha disolución acuosa de BaCl₂ 0,5 M con 80 mL dunha disolución acuosa de CaSO₄ 0,04 M.
7.1. Escriba a reacción química que ten lugar, nomee e calcule a cantidade en gramos do precipitado obtido.
7.2. Nomee e debuxe o material e describa o procedemento que empregaría no laboratorio para separar o precipitado.
7.1)
Reacción, nome e masa do precipitado.
(1 punto)
7.2)
Material e procedemento de separación.
(1 punto)
Pregunta 8
2 puntos(1 + 1)
Volumetría ácido-base
Valoración de Ca(OH)₂ con HCl e procedemento experimental
Ao valorar 20,0 mL dunha disolución de Ca(OH)₂ gástanse 18,1 mL dunha disolución de HCl 0,250 M.
8.1. Escriba a reacción que ten lugar e calcule a concentración molar da disolución da base.
8.2. Indique o material e reactivos necesarios, debuxe a montaxe e explique o procedemento realizado.
8.1)
Reacción e concentración da base.
(1 punto)
8.2)
Material, montaxe e procedemento.
(1 punto)
🧠Practica Química gratis con preguntas tipo testHacer quiz
Solución gratuitaVer más exámenes de Química
Compartido459 veces

Recursos para tu selectividad PAU

Selectividad Academy

Aprueba la PAU con nota

Aprende los trucos que no vienen en los libros · Profesores especialistas en la PAU · Damos clase desde cero · Material incluido

Pedir clase →