Examen resuelto de Química — Ordinaria 2021
Galicia8 preguntas100% Resolto
Pregunta 1
2 puntos(1 + 1)
Estrutura atómica e enlace
Números cuánticos e xeometría molecular do CH₂Cl₂
1.1)
Xustifique se é verdadeira ou falsa a seguinte afirmación: as combinacións de números cuánticos (2, 1, 0, -1) e (3, 0, 1, 1/2) son posibles para un electrón nun átomo.
(1 punto)1.2)
Razoe que xeometría presenta a molécula de diclorometano (CH₂Cl₂) aplicando a teoría de repulsión dos pares de electróns da capa de valencia (TRPECV) e discuta a polaridade da molécula.
(1 punto)Pregunta 2
2 puntos(1 + 1)
Enlace químico
Punto de fusión do NaCl vs Cl₂ e condutividade NaCl vs Fe
Explique razoadamente os seguintes feitos:
2.1)
O sal común (NaCl) funde a 801 °C mentres que o cloro é un gas a 25 °C.
(1 punto)2.2)
O cloruro de sodio sólido non conduce a electricidade e o ferro si.
(1 punto)✓
¿Te atascas con Química? Te lo explicamos en 1 hora
Clase particular · Sin compromiso
Pregunta 3
2 puntos(1 + 1)
Ácido-base e química orgánica
Clasificación ácido-base-anfótero e reaccións orgánicas
3.1. Das seguintes substancias: PO₄³⁻, HNO₂ e HCO₃⁻, unha é ácida, outra básica e outra anfótera segundo a teoría de Brönsted-Lowry. Razoe cal é cada unha escribindo os equilibrios que así o demostren.
3.2. Complete as seguintes reaccións indicando o tipo de reacción e nomeando os produtos que se forman:
Propan-2-ol + KMnO₄, H⁺ → ________________
CH₃-CH=CH₂ + Br₂ → ________
3.2. Complete as seguintes reaccións indicando o tipo de reacción e nomeando os produtos que se forman:
Propan-2-ol + KMnO₄, H⁺ → ________________
CH₃-CH=CH₂ + Br₂ → ________
Pregunta 4
2 puntos(1 + 1)
Equilibrio químico
Equilibrio I₂ + Br₂ ⇌ 2IBr
Considere o seguinte equilibrio que ten lugar a 150 °C: I₂(g) + Br₂(g) ⇌ 2IBr(g) cunha Kc = 120. Nun recipiente de 5,0 L de capacidade introdúcense 0,0015 moles de iodo e 0,0015 moles de bromo, calcule:
4.1)
A concentración de cada especie cando se alcanza o equilibrio.
(1 punto)4.2)
As presións parciais e a constante Kp.
(1 punto)📊
Calcula tu nota de selectividad
Nuestra calculadora te dice si llegas a la nota de corte
Pregunta 5
2 puntos(1 + 1)
Reaccións redox
Redox H₂S + NaMnO₄ + HBr e rendemento
Dada a seguinte reacción: H₂S + NaMnO₄ + HBr → S + NaBr + MnBr₃ + H₂O
5.1)
Axuste a ecuación iónica polo método ión-electrón e escriba a ecuación molecular completa.
(1 punto)5.2)
Calcule os gramos de NaMnO₄ que reaccionarán con 32 g de H₂S; se se obtiveron 61,5 g de MnBr₃ calcule o rendemento da reacción.
(1 punto)Pregunta 6
2 puntos(1 + 1)
Equilibrio de solubilidade
Solubilidade do BaSO₄ e efecto de ión común
O produto de solubilidade, a 20 °C, do sulfato de bario é 8,7·10⁻¹¹. Calcule:
6.1. Os gramos de sulfato de bario que se poden disolver en 0,25 L de auga.
6.2. Os gramos de sulfato de bario que se poden disolver en 0,25 L dunha disolución 1 M de sulfato de sodio, considerando que este sal está totalmente disociado.
6.1. Os gramos de sulfato de bario que se poden disolver en 0,25 L de auga.
6.2. Os gramos de sulfato de bario que se poden disolver en 0,25 L dunha disolución 1 M de sulfato de sodio, considerando que este sal está totalmente disociado.
📚
Practica con más exámenes de Química
El mayor directorio de selectividad de España · Gratis
Pregunta 7
2 puntos(1 + 1)
Valoración ácido-base
Preparación e valoración dunha disolución de HCl
Prepáranse 100 mL dunha disolución de HCl disolvendo, en auga, 10 mL dun HCl comercial de densidade 1,19 g·mL⁻¹ e riqueza 36 % en peso. 20 mL da disolución de ácido preparada valóranse cunha disolución de NaOH 0,8 M.
7.1)
Calcule a concentración molar da disolución de ácido valorada, escriba a reacción que ten lugar na valoración e calcule o volume gastado da disolución de NaOH.
(1 punto)7.2)
Indique o procedemento a seguir no laboratorio para a valoración do ácido indicando o material e reactivos.
(1 punto)Pregunta 8
2 puntos(1 + 1)
Electroquímica
Pila galvánica Al/Cu
8.1. Explique como construiría no laboratorio unha pila galvánica empregando un eléctrodo de aluminio e outro de cobre, indicando o material e os reactivos necesarios.
8.2. Indique as semirreaccións que teñen lugar en cada eléctrodo, a ecuación iónica global e calcule a forza electromotriz da pila.
Datos: E°(Cu²⁺/Cu)= +0,34 V; E°(Al³⁺/Al)= −1,67 V
8.2. Indique as semirreaccións que teñen lugar en cada eléctrodo, a ecuación iónica global e calcule a forza electromotriz da pila.
Datos: E°(Cu²⁺/Cu)= +0,34 V; E°(Al³⁺/Al)= −1,67 V
Recursos para tu selectividad PAU
selectividad.academy
Academia líder en selectividad PAU online
Guía definitiva PAU 2027
Todo sobre la PAU: fechas, estructura y consejos
Calculadora nota PAU — Gratis
Calcula tu nota de admisión en 30 segundos
Temario selectividad gratis
Qué entra en cada asignatura y dónde ha caído
Nuestras asignaturas
Clases con profesor especialista en la PAU
Selectividad Academy
Aprueba la PAU con nota
Aprende los trucos que no vienen en los libros · Profesores especialistas en la PAU · Damos clase desde cero · Material incluido
Pedir clase →