Saltar al contenido

Examen resuelto de Bioloxía — Extraordinaria 2021

ABAUGalicia100% Resuelto
Pregunta
Pregunta 1
2.0 pts
Biomoléculas
A base molecular e fisicoquímica da vida — proteínas

Pregunta 1. A BASE MOLECULAR E FISICOQUÍMICA DA VIDA

Con respecto ás proteínas: a) identifique o enlace resaltado en gris na figura 1 e describa as súas características; b) que tipos de enlaces estabilizan a estrutura secundaria e terciaria?; c) defina o proceso de desnaturalización, que tipo de enlaces non se ven afectados por este proceso; d) nomee dúas funcións das proteínas.

Figura 1: fragmento dun dipéptido , co grupo resaltado en gris.

Pregunta 2
2.0 pts
Biomoléculas
A base molecular e fisicoquímica da vida — glícidos

Pregunta 2. A BASE MOLECULAR E FISICOQUÍMICA DA VIDA

Na figura 2 represéntanse esquematicamente tres tipos de macromoléculas presentes nos seres vivos (A, B e C). a) Identifique a que pertence ao grupo dos glícidos; b) de entre os seguintes elementos, indique cales interveñen regularmente na composición dos glícidos: carbono, hidróxeno, osíxeno, fósforo, nitróxeno, xofre; c) indique dúas funcións diferentes dos glícidos e poña un exemplo de cada unha.

Figura 2: A é unha cadea polipeptídica con cadeas R (proteína); B é un polinucleótido con bases nitroxenadas e grupos fosfato (ácido nucleico); C é unha cadea de hexosas unidas por enlaces glicosídicos (polisacárido).

✓
¿Te atascas con Bioloxía? Te lo explicamos en 1 hora
Clase particular · Sin compromiso
Pedir clase
Pregunta 3
2.0 pts
Célula
A célula viva — orgánulos do sistema de endomembranas

Pregunta 3. A CÉLULA VIVA. MORFOLOXÍA, ESTRUTURA E FISIOLOXÍA CELULAR.

Observe a figura 3 e responda: a) identifique os orgánulos e as estruturas sinaladas con números; b) explique a relación funcional que existe entre os orgánulos e as estruturas 1, 3, 7 e 8.

Figura 3: corte dunha célula eucariota onde se ven, partindo do núcleo: (1) cisternas membranosas con puntos negros adheridos, (2) puntos negros illados, (3) cisternas en forma de pila, (4) área marcada con triángulos negros con lenda "Enzimas líticos", (5) e (6) vesículas pequenas, (7) vesícula con contido punteado, (8) membrana plasmática externa con prolongacións cara fóra.

Pregunta 4
2.0 pts
Metabolismo
Metabolismo — fotosíntese, glicólise, respiración e fermentación

Pregunta 4. A CÉLULA VIVA. MORFOLOXÍA, ESTRUTURA E FISIOLOXÍA CELULAR.

a) Relacione os procesos de respiración, fermentación, fotosíntese e glicólise coas letras A, B, C e D da figura 4; xustifique brevemente a súa resposta. b) Sinale en que condicións ambientais se producen os procesos A, C e D. c) Que rutas metabólicas se levan a cabo nos procesos A e C?

Figura 4: esquema metabólico. O proceso A recibe enerxía solar (un sol con frechas) e ATP, e produce gliceraldehido 3-fosfato → glicosa. A glicosa entra no proceso B, do que saen dúas ramas: o proceso C, que rende 38 ATP, e o proceso D, que rende 2 ATP.

📊
Calcula tu nota de selectividad
Nuestra calculadora te dice si llegas a la nota de corte
Ir a la calculadora
Pregunta 5
2.0 pts
Genética
Xenética — transcrición do ARNm

Pregunta 5. XENÉTICA E EVOLUCIÓN.

Na figura 5 represéntase un importante proceso celular: a) como se chama o proceso?; b) identifique os números da figura 5; c) como se chama a molécula obtida e en que proceso posterior se emprega?; d) indique cales serán os anticodóns dos ARN transferentes correspondentes á molécula de ARNm 5'- GUU- UUC- GCA- UGG-3'; e) indique a secuencia de ADN que serviu de molde para este mesmo ARN mensaxeiro.

Figura 5: arriba, ADN bicatenario (1) onde unha enzima (3) sintetiza unha cadea de ARN (2). Na parte inferior aparece a molécula precursora con caperuza (4), exón (5), intrón (6) e cola poli-A (7); unha frecha (8) leva á molécula madura, xa sen intrón.

Pregunta 6
2.0 pts
Genética
Xenética — calvicie influída polo sexo e enrolamento da lingua

Pregunta 6. XENÉTICA E EVOLUCIÓN.

6.1. A calvicie prematura ten unha herdanza influída polo sexo (non ligada aos cromosomas sexuais). O alelo que determina a calvicie (C) é dominante en homes, pero recesivo en mulleres (c). Deste xeito, o xenotipo heterocigótico no home dará lugar a unha persoa calva, mentres que nas mulleres dará lugar a unha persoa non calva. Un home calvo cuxo pai e nai non son calvos, e unha muller non calva cuxo pai e nai si o son, desexan ter fillos: a) indique os xenotipos dos seis individuos mencionados no enunciado; b) que probabilidade teñen de que os seus descendentes sexan calvos? Indique a probabilidade por separado para fillas e para fillos.

6.2. Na especie humana, poder enrolar a lingua en forma de tubo depende dun xene dominante (L); o xene que determina non poder facelo (lingua recta) é recesivo (l). Sabendo que Xoán non pode enrolar a lingua e que Ana pode facelo, que probabilidades hai de que o fillo de Xoán e Ana poida enrolar a lingua? Faga un esquema dos posibles cruzamentos, indicando todos os xenotipos posibles.

📚
Practica con más exámenes de Bioloxía
El mayor directorio de selectividad de España · Gratis
Ver exámenes
Pregunta 7
2.0 pts
Microbiología
Microorganismos e inmunidade — virus, tinción Gram e resposta inmune

Pregunta 7. O MUNDO DOS MICROORGANISMOS E AS SÚAS APLICACIÓNS. BIOTECNOLOXÍA. O SISTEMA INMUNITARIO. INMUNOLOXÍA E AS SÚAS APLICACIÓNS.

7.1. Indique que é un virus. Cite tres diferencias entre os virus e as células procariotas. Distinga entre cápsida vírica e cápsula bacteriana. Cite dous colorantes empregados na tinción Gram.

7.2. A figura 6 representa o momento de interacción entre as resposta inmune específica e inespecífica. Nomee cada un dos procesos que teñen lugar nese momento (indicados na figura como A, B e C) e escriba o nome das células, moléculas ou complexos que están a formar parte deles (indicados na figura como 1, 2, 3, 4 e 5).

Figura 6: tres viñetas A, B e C. En A unha célula grande (1) engole un microorganismo (2). En B a mesma célula contén fragmentos (3) no seu interior. En C a célula presenta na súa superficie un complexo (4) que se une a unha segunda célula (5).

Pregunta 8
2.0 pts
Microbiología
Microbioloxía e inmunidade — táboa comparativa e tipos de inmunidade

Pregunta 8. O MUNDO DOS MICROORGANISMOS E AS SÚAS APLICACIÓNS. BIOTECNOLOXÍA. O SISTEMA INMUNITARIO. INMUNOLOXÍA E AS SÚAS APLICACIÓNS.

a) Copie a táboa adxunta e encha as celas indicando as características de cada grupo de microorganismos.

BacteriasLévedosProtozoos
Organización celular
Presenza de:
ADN
ARN
Mitocondrias
Núcleo
Ribosomas

b) Con respecto ás bacterias, en que consiste o mecanismo de transferencia xenética denominado transdución?

c) Existen catro tipos de inmunidade: natural activa, natural pasiva, artificial activa e artificial pasiva. Usando estes termos, indique a que tipo de inmunidade pertencen as obtidas mediante a vacinación, o padecemento dunha enfermidade, a soroterapia e a lactación materna.

d) Brevemente: en que consisten a hipersensibilidade e a autoinmunidade?

🧠Practica Bioloxía gratis con preguntas tipo testHacer quiz
Solución gratuitaVer más exámenes de Bioloxía
Compartido490 veces

Recursos para tu selectividad PAU

Selectividad Academy

Aprueba la PAU con nota

Aprende los trucos que no vienen en los libros · Profesores especialistas en la PAU · Damos clase desde cero · Material incluido

Pedir clase →