Examen resuelto de Bioloxía — Ordinaria 2021
Pregunta 1. A BASE MOLECULAR E FISÍCOQUÍMICA DA VIDA. Na figura 1 represéntanse os niveis estruturais dunha proteína. a) Como se denominan os niveis estruturais A, B e C? b) En que nivel estrutural da imaxe a proteína é funcionalmente activa? c) Como se denomina o paso de C a A e que consecuencias ten? d) Nomee que tipos de forzas manteñen o nivel estrutural C.
Pregunta 2. A BASE MOLECULAR E FISÍCOQUÍMICA DA VIDA. Como se ve afectada a velocidade dunha reacción catalizada por un encima: a) se aumenta a concentración do substrato; b) se se engade un inhibidor do encima; e c) se aumenta a temperatura. Xustifica as respostas. d) Define centro activo e apoenzima.
Pregunta 3. A CÉLULA VIVA. MORFOLOXÍA, ESTRUTURA E FISIOLOXÍA CELULAR. a) Cite tres orgánulos celulares delimitados por unha dobre membrana e tres orgánulos rodeados por unha membrana simple, sinalando ademais para cada orgánulo unha función. b) A teoría endosimbionte explica a orixe de dous destes orgánulos celulares, cite cales son e que organismos serían os seus precursores.
Pregunta 4. A CÉLULA VIVA. MORFOLOXÍA, ESTRUTURA E FISIOLOXÍA CELULAR. Conteste de forma precisa as seguintes preguntas: a) Identifique e nomee a fase do ciclo celular representada na figura 2. Se a dotación cromosómica da célula proxenitora é 2n = 6, cal será a dotación cromosómica das células fillas resultantes da división? b) Nomee as etapas indicadas polos números 1 ao 4. c) Nomee a estrutura sinalada co número 5. Cal é a función principal desta estrutura e que tipo de material celular a compón?
Pregunta 5. XENÉTICA E EVOLUCIÓN.
5.1. A partir da seguinte secuencia de nucleótidos:
CGA CCC CTC ATA GGC AAA CAC CGC TAT ATC
conteste as seguintes preguntas: a) A que molécula pertencerá, ADN ou ARN? Xustifique a súa resposta. Cal será a secuencia de aminoácidos que se pode obter a partir desta secuencia de nucleótidos? Utilice o código xenético (figura 3) para obter a secuencia de aminoácidos. b) Sinale dúas características do código xenético e explíqueas brevemente.
5.2. Sobre a herdanza de grupos sanguíneos. Indique os cruzamentos de todos os posibles xenotipos dos proxenitores dun individuo con grupo sanguíneo AB.
Pregunta 6. XENÉTICA E EVOLUCIÓN. A retinose pigmentaria é unha enfermidade dexenerativa que pode acabar producindo cegueira. Están implicados varios xenes e, segundo cales sexan estes xenes, a herdanza pode ser: autosómica dominante, autosómica recesiva ou recesiva ligada ao sexo. Unha parella, na que ambos están afectados de retinose pigmentaria, ten dous fillos homes, dos cales un manifesta a enfermidade e o outro non. a) Cal dos tres tipos de herdanza da retinose pigmentaria é posible neste caso? Razoe porque non pode ser ningún dos outros dous tipos de herdanza. Indique os xenotipos de todos os casos. b) Indique as probabilidades de que os dous fillos da parella teñan, á súa vez, descendentes non afectados se as súas parellas respectivas non o son. IMPORTANTE: sinale que símbolo emprega para cada un dos alelos en cada caso.
Pregunta 7. O MUNDO DOS MICROORGANISMOS E AS SÚAS APLICACIÓNS. BIOTECNOLOXÍA. O SISTEMA INMUNITARIO. INMUNOLOXÍA E AS SÚAS APLICACIÓNS. De acordo coa figura 4, conteste as seguintes preguntas: a) Identifique os microorganismos representados coas letras A e B. Identifique as estruturas numeradas do 1 ao 5. Indique o tipo de ácido nucleico que adoita ter o xenoma de cada un destes microorganismos. b) Indique os tipos celulares que poden parasitar cada un. Explique a función da estrutura sinalada co número 2. Cal dos dous tipos de microorganismos pode ter a encima transcriptasa inversa e cal é a función desta encima? c) Defina enfermidade autoinmune e inmunodeficiencia.
Pregunta 8. O MUNDO DOS MICROORGANISMOS E AS SÚAS APLICACIÓNS. BIOTECNOLOXÍA. O SISTEMA INMUNITARIO. INMUNOLOXÍA E AS SÚAS APLICACIÓNS.
8.1. a) Indique que tipo de célula aparece na figura 5 e identifique os compoñentes sinalados con números. b) Estes organismos teñen distintas aplicacións nas industrias alimentaria e farmacéutica e na preservación do medio ambiente. Cite dous exemplos de cada unha desas aplicacións.
8.2. Na figura 6 amósase a cantidade de anticorpo no sangue tras a administración de dous antíxenos diferentes: a) Explique a que se debe a maior resposta fronte ao antíxeno A tras a segunda inxección. b) Por que non se observa a mesma resposta no caso do antíxeno B?
Recursos para tu selectividad PAU
selectividad.academy
Academia líder en selectividad PAU online
Guía definitiva PAU 2026
Todo sobre la PAU: fechas, estructura y consejos
Calculadora nota PAU — Gratis
Calcula tu nota de admisión en 30 segundos
Temario selectividad gratis
Qué entra en cada asignatura y dónde ha caído
Nuestras asignaturas
Clases con profesor especialista en la PAU
Selectividad Academy
Aprueba la PAU con nota
Aprende los trucos que no vienen en los libros · Profesores especialistas en la PAU · Damos clase desde cero · Material incluido
Reservar clase gratis →