Examen resuelto de BioloxíaExtraordinaria 2022

bioloxíaABAUGalicia2022extraordinaria100% Resuelto
Pregunta
Pregunta 1
2.0 pts
Bioloxía molecular
A base molecular e fisicoquímica da vida — polisacáridos

Pregunta 1. A BASE MOLECULAR E FISICOQUÍMICA DA VIDA

a) Nomee que dous polisacáridos poderían estar representados mediante o esquema da figura 1. b) Nomee o compoñente incluído no recadro e os enlaces (1 e 2) sinalados coas frechas. c) Explique como se forman os devanditos enlaces. d) Explique as funcións biolóxicas e en que tipos de células podería atopar estes dous polisacáridos.

[Figura 1 do PDF: esquema dun polisacárido ramificado formado por monómeros de glicosa unidos por enlaces na cadea principal (1) e nos puntos de ramificación (2).]

Pregunta 2
2.0 pts
Bioloxía molecular
A base molecular e fisicoquímica da vida — lípido anfipático

Pregunta 2. A BASE MOLECULAR E FISICOQUÍMICA DA VIDA

A figura 2 representa un lípido: a) Que tipo de lípido é? b) De ocorrer unha hidrólese simultánea nos catro enlaces sinalados coas frechas, que compoñentes obtería? c) O lípido representado na figura 2 é anfipático, por que? d) O feito de ser anfipático fai que sexa especialmente abundante nunha estrutura celular, cal é e como se organiza nela?

[Figura 2 do PDF: molécula con cabeza polar fosforilada unida a un glicerol que esterifica dous ácidos graxos; preséntanse 4 enlaces marcados con frechas correspondentes ás tres uniones éster do glicerol e ao enlace fosfodiéster da cabeza.]

¿Te atascas con Bioloxía? Te lo explicamos en 1 hora
Primera clase gratis · Sin compromiso
Pedir clase gratis
Pregunta 3
2.0 pts
Citoloxía
A célula viva — fotosíntese vs respiración e contido de ADN no ciclo celular

Pregunta 3. A CÉLULA VIVA. MORFOLOXÍA, ESTRUTURA E FISIOLOXÍA CELULAR

3.1 Indique cinco diferenzas entre a fotosíntese e a respiración celular.

3.2 Nunha especie eucariota cuxo número diploide é 6 (2n=6), cantas moléculas de ADN presenta: a) un gameto, b) unha célula en metafase mitótica, c) unha célula en período G1, e d) unha célula en período G2?

Pregunta 4
2.0 pts
Citoloxía
A célula viva — funcións dos orgánulos e parede celular vexetal

Pregunta 4. A CÉLULA VIVA. MORFOLOXÍA, ESTRUTURA E FISIOLOXÍA CELULAR

4.1 Nomee unha función que leve a cabo cada un dos seguintes orgánulos e estruturas celulares: nucléolo; retículo endoplasmático liso, membrana plasmática, peroxisoma, aparato de Golgi, retículo endoplasmático rugoso, lisosoma, centríolo, vacúolo.

4.2 Indique a composición e describa a estructura da parede celular vexetal.

📊
Calcula tu nota de selectividad
Nuestra calculadora te dice si llegas a la nota de corte
Ir a la calculadora
Pregunta 5
2.0 pts
Xenética
Xenética e evolución — herdanza ligada ao sexo (árbore xenealóxica)

Pregunta 5. XENÉTICA E EVOLUCIÓN

Na árbore xenealóxica da figura 3 móstrase a transmisión dun carácter nunha familia (homes representados con cadrados e mulleres con círculos). O carácter está determinado por un só xene ligado ao sexo (situado no cromosoma X) e presenta dúas alternativas indicadas en branco e en negro. a) Indique a probabilidade de cada tipo de descendentes da muller sinalada cunha frecha e a súa parella (un home hemicigoto recesivo). b) Indique a probabilidade de cada tipo de gametos que producirá a muller sinalada cunha frecha. c) Debuxe de novo a árbore xenealóxica na súa folla indicando os xenotipos de todos os individuos. IMPORTANTE: sinale que símbolo emprega para cada un dos alelos.

[Figura 3 do PDF: árbore xenealóxica dunha familia con xene ligado ao X. A muller sinalada cunha frecha procede dun pai afectado (negro) e unha nai sa portadora ou sa, e crúzase cun home hemicigoto recesivo (afectado). Asumimos o carácter en negro como recesivo (patrón típico de exames CIUG e coherente coa presenza dun home afectado pai dunha muller sa que á súa vez ten descendentes afectados).]

Nota visual: a árbore non pode lerse desde o texto do PDF, polo que se resolve baixo o suposto canónico CIUG: carácter recesivo ligado ao X, muller sinalada heterocigota portadora (filla de pai afectado). Se a figura indicase recesividade do branco, a lóxica se invertería simetricamente.

Pregunta 6
2.0 pts
Bioloxía molecular
Xenética e evolución — transcrición e tradución de ADN

Pregunta 6. XENÉTICA E EVOLUCIÓN

Considere o seguinte fragmento de ADN:

5' G C T T C C C A A G C T T C C C A A 3'
3' C G A A G G G T T C G A A G G G T T 5'

Supoña que a febra superior do ADN que se mostra é empregada como molde pola ARN polimerasa: a) Escriba a molécula de ARN que se transcribiría a partir deste segmento. Marque os extremos 5' e 3' do ARN transcrito. b) Empregue o código xenético (figura 4) para traducir este ARN e escriba a secuencia de aminoácidos, marcando os extremos carboxilo e amino do péptido obtido. c) Repita a operación supoñendo agora que a febra molde do ADN é a inferior. d) Con esta información, podería saber con certeza cal das dúas cadeas deste fragmento de ADN se usa realmente como molde na célula? Explique por que.

📚
Practica con más exámenes de Bioloxía
El mayor directorio de selectividad de España · Gratis
Ver exámenes
Pregunta 7
2.0 pts
Microbioloxía e inmunoloxía
Microorganismos e inmunoloxía — ciclo do nitróxeno e resposta inmune

Pregunta 7. O MUNDO DOS MICROORGANISMOS E AS SÚAS APLICACIÓNS. BIOTECNOLOXÍA. O SISTEMA INMUNITARIO. INMUNOLOXÍA E AS SÚAS APLICACIÓNS

7.1 Describa brevemente catro funcións que levan a cabo os microorganismos no ciclo do nitróxeno.

7.2 Adminístrase un antíxeno a dous animais de experimentación e obsérvase que o animal A produce en 5 días unha cantidade de anticorpos que o animal B tarda uns 20 días en producir. Propoña unha explicación razoada destes resultados.

Pregunta 8
2.0 pts
Microbioloxía e inmunoloxía
Microorganismos e inmunoloxía — bacteriófago, fermentación do iogur e vacina da gripe

Pregunta 8. O MUNDO DOS MICROORGANISMOS E AS SÚAS APLICACIÓNS. BIOTECNOLOXÍA. O SISTEMA INMUNITARIO. INMUNOLOXÍA E AS SÚAS APLICACIÓNS

8.1. a) Debuxe un bacteriófago identificando as súas partes e a función que realizan cada unha delas. b) Para fabricar iogur mestúrase leite cunha pequena cantidade de iogur e incúbase oito horas a 35-40°C. Que proceso bioquímico se produce? Que organismo realiza este proceso? Que ocorre se se esteriliza o iogur antes de engadilo ao leite? Que ocorre se se incuba oito horas a 0°C?

8.2. A vacina da gripe protexe contra o virus que a produce só durante un curto período de tempo. Por que non é efectiva durante períodos de tempo máis prolongados como ocorre con outras vacinas? Como se pode protexer á poboación fronte á aparición desta enfermedade?

Solución gratuitaVer más exámenes de Bioloxía
Compartido0 veces

Recursos para tu selectividad PAU

Selectividad Academy

Aprueba la PAU con nota

Aprende los trucos que no vienen en los libros · Profesores especialistas en la PAU · Damos clase desde cero · Material incluido

Reservar clase gratis →