Examen resuelto de BioloxíaOrdinaria 2022

bioloxíagalegoABAUGalicia2022ordinaria100% Resuelto
Pregunta
Pregunta 1
biomoleculas
A base molecular e fisicoquímica da vida

PREGUNTA 1. A base molecular e fisicoquímica da vida.

a) Explique en que consiste o fenómeno denominado efecto tampón e o papel dos sales minerais no dito proceso. b) Explique a estrutura química da molécula de auga e cite catro propiedades da auga que se derivan dela. c) Explique brevemente o proceso de osmose.

Pregunta 2
biomoleculas
A base molecular e fisicoquímica da vida

PREGUNTA 2. A base molecular e fisicoquímica da vida.

a) Identifique as moléculas representadas na figura 1. b) As moléculas A, B e C son as unidades básicas duns polímeros, de cales? Mediante que enlaces se unen cada unha delas para formar eses polímeros? Indique unha función desenvolvida por cada un deses polímeros nas células. c) De que biomoléculas pode formar parte a molécula D? Onde poden atoparse esas biomoléculas e que función realizan?

Figura 1: A: hexosa con grupo CH₂OH e grupos OH en estrutura cíclica; B: aminoácido con grupos NH e COOH e cadea lateral R; C: ribonucleótido con base púrica, ribosa e grupo fosfato; D: cadea hidrocarbonada cunha extremidade con grupo carboxilo (COOH).

¿Te atascas con Bioloxía? Te lo explicamos en 1 hora
Primera clase gratis · Sin compromiso
Pedir clase gratis
Pregunta 3
celula
A célula viva. Morfoloxía, estrutura e fisioloxía celular

PREGUNTA 3. A célula viva. Morfoloxía, estrutura e fisioloxía celular.

Na figura 2 represéntase un proceso de división celular, en relación a ela, conteste as seguintes cuestións:

a) Que división celular está representada na figura? Indique unha razón para a súa resposta. b) Que sucede no paso número 1? c) Que sucede no paso número 2? d) Que sucede no paso número 3? Explique brevemente a importancia do que sucede no paso número 3. e) As dúas células sinaladas co número 4, son haploides ou diploides? Razóeo. f) E as catro células do número 5, son haploides o diploides?

Figura 2: esquema dun proceso de división celular en pasos 1 (cromosomas con dúas cromátides), 2 (emparellamento de cromosomas homólogos), 3 (cromosomas homólogos cruzados, intercambiando fragmentos), 4 (dúas células fillas) e 5 (catro células fillas).

Pregunta 4
celula
A célula viva. Morfoloxía, estrutura e fisioloxía celular

PREGUNTA 4. A célula viva. Morfoloxía, estrutura e fisioloxía celular.

Copie a táboa na folla de exame e encha as celas indicando as características dos procesos metabólicos.

PROCESOANABÓLICO/CATABÓLICOUBICACIÓNSUSTRATOSPRODUTOS
Glicólise
Descarboxilación oxidativa
Ciclo de Krebs
Fosforilación oxidativa
Fermentación láctica
Fermentación alcohólica
Fase luminosa da fotosíntese
Ciclo de Calvin
📊
Calcula tu nota de selectividad
Nuestra calculadora te dice si llegas a la nota de corte
Ir a la calculadora
Pregunta 5
genetica
Xenética e evolución

PREGUNTA 5. Xenética e evolución.

5.1 Nunha especie vexetal, a cor branca das flores é debida a un alelo recesivo respecto ao seu alelo dominante que produce flores amarelas. Ao cruzar plantas con flores amarelas con plantas con flores brancas obtívose unha descendencia formada polos seguintes tipos de plantas: 5.000 coas flores amarelas e 4.950 coas flores brancas. Indique: os xenotipos das plantas que se cruzan, os xenotipos da descendencia e se os resultados obtidos coinciden cos resultados esperados. IMPORTANTE: sinale que símbolo emprega para cada un dos alelos.

5.2 No chícharo, o alelo que determina a cor amarela é dominante respecto do alelo que determina a cor verde. O carácter forma da semente está determinado por outro xene autosómico independente do anterior, o alelo que determina a semente lisa é dominante sobre o alelo que determina a semente rugosa. a) Crúzanse dúas variedades puras, unha de semente amarela e outra de semente verde. Na F2 obtéñense 556 sementes, cantas destas sementes esperaría que fosen amarelas? b) Crúzanse dúas variedades puras, unha de semente amarela e lisa e outra de semente verde e rugosa. Na F2 obtéñense 3.584 sementes, cantas destas sementes esperaría que fosen verdes e rugosas?

5.2 a
5.2 b
Pregunta 6
genetica
Xenética e evolución

PREGUNTA 6. Xenética e evolución.

a) Que proceso aparece representado na Figura 3? Identifique os extremos e as moléculas sinaladas con letras. b) Explique o proceso facendo referencia ao papel das distintas encimas implicadas no mesmo.

Figura 3: dobre hélice de ADN aberta nun furco de replicación. Letra A indica o extremo superior dunha das febras (3'); B, o extremo inferior (5'); C, un fragmento curto de ARN cebador no extremo do furco; D, fragmentos curtos sintetizados de forma descontinua na cadea retardada (fragmentos de Okazaki); E, a cadea sintetizada de forma continua (cadea condutora ou líder).

📚
Practica con más exámenes de Bioloxía
El mayor directorio de selectividad de España · Gratis
Ver exámenes
Pregunta 7
microbiologia-inmunologia
O mundo dos microorganismos e as súas aplicacións. Biotecnoloxía. O sistema inmunitario. Inmunoloxía e as súas aplicacións

PREGUNTA 7. O mundo dos microorganismos e as súas aplicacións. Biotecnoloxía. O sistema inmunitario. Inmunoloxía e as súas aplicacións.

a) Que significa que os virus son "parásitos intracelulares obrigados"? b) Explique a estrutura dos virus. c) Explique en que consiste o ciclo lítico e o ciclo lisoxénico dos virus bacteriófagos. d) Indique dúas diferenzas entre a inmunidade celular e a inmunidade humoral.

Pregunta 8
microbiologia-inmunologia
O mundo dos microorganismos e as súas aplicacións. Biotecnoloxía. O sistema inmunitario. Inmunoloxía e as súas aplicacións

PREGUNTA 8. O mundo dos microorganismos e as súas aplicacións. Biotecnoloxía. O sistema inmunitario. Inmunoloxía e as súas aplicacións

8.1. a) A figura 4 representa unha célula eucariota ou procariota? Indique dúas razóns que xustifiquen a súa resposta. b) Nomee os compoñentes numerados da figura.

8.2. Conteste ás seguintes cuestións relativas ás defensas externas: a) Que é a microbiota? Indique un modo de actuación da microbiota en relación á defensa contra ás infeccións. b) Cales son os mecanismos de actuación da pel e as mucosas na defensa do organismo?

Figura 4: bacteria con flaxelo (1) que sae da célula, membrana plasmática (2), parede celular (3), cápsula (4), ribosomas (5) en forma de pequenos puntos no citoplasma, ADN/cromosoma bacteriano enrolado no nucleoide (6), plásmido en forma de anel pequeno (7) e fimbrias en forma de pelos curtos saíndo da superficie (8).

8.1 a
8.1 b
8.2 a
8.2 b
Solución gratuitaVer más exámenes de Bioloxía
Compartido0 veces

Recursos para tu selectividad PAU

Selectividad Academy

Aprueba la PAU con nota

Aprende los trucos que no vienen en los libros · Profesores especialistas en la PAU · Damos clase desde cero · Material incluido

Reservar clase gratis →