Examen resuelto de Bioloxía — Extraordinaria 2024
PREGUNTA 1. A BASE MOLECULAR DA MATERIA VIVA
1.1. A figura 1 representa unha biomolécula (dous monosacáridos en forma cíclica unidos por un átomo de osíxeno; un dos monómeros ten configuración piranósica e o outro furanósica).
A) Cal é o seu nome e a que grupo e subgrupo de biomoléculas pertence?
B) Como se denominan as unidades que a constitúen e que anómeros son?
C) Que tipo de enlace une ambas unidades? Explíqueo.
D) A molécula representada terá poder redutor? Por que?
1.2. A) Que teñen en común o glicóxeno, a celulosa e o amidón? B) En que se diferenzan dende o punto de vista estrutural?
PREGUNTA 2. A BASE MOLECULAR DA MATERIA VIVA
2.1. A) Que nome recibe o enlace representado na figura 2? (figura: dous aminoácidos unidos a través dun enlace -C(=O)-NH-).
B) Entre que tipo de moléculas se forma e que grupos químicos están implicados?
C) Que molécula se desprende no proceso?
D) Cales son as características deste tipo de enlace?
2.2. A) Que tipo de biomolécula está representada na figura 3 (cadea polipeptídica que se pliega ata formar unha estrutura globular).
B) Cales son os monómeros que forman esta biomolécula?
C) Cite catro funcións deste tipo de biomoléculas.
PREGUNTA 3. XENÉTICA MOLECULAR
Dada a secuencia de aminoácidos dunha proteína:
H2N-Met-Gly-Ala-Asp-His-Pro-Leu-COOH, e utilizando o código xenético da figura 4:
A) Escriba a secuencia de nucleótidos do ARNm do que se traduciu, indicando os extremos 5' e 3'.
B) Indique o fragmento de ADN do que procede este ARNm, sinalando os extremos 5' e 3'.
C) Se se produce unha transición no último nucleótido do último triplete da cadea de ADN da que se obtén o ARNm, que consecuencias poderá ter para a proteína?, e unha deleción do último nucleótido do segundo triplete deste ADN? Razoe as respostas.
PREGUNTA 4. XENÉTICA MOLECULAR
4.1. A) Que representa a figura 5? (figura: burbulla de replicación na que aparece unha forquilla cos extremos 5' e 3' marcados nas dúas cadeas).
B) Copie o debuxo no exame e compléteo coas novas cadeas formadas, indicando: extremos 5' e 3' de cada unha delas, dirección de síntese, orixe, cadeas condutoras, cadeas retardadas, cebadores e fragmentos de Okazaki.
4.2. Explique, brevemente, cal é o papel das mutacións como fonte de variabilidade para a evolución.
PREGUNTA 5. A CÉLULA
A) Identifique as estruturas sinaladas con números (1-8) na figura 6 (figura coa progresión: 1 dobre hélice de ADN, 2 nucleosoma cunha conta unida á febra, 3 e 4 estrutura de "collar de perlas" e fibra de 30 nm, 5-6 fibra superenrolada formando bucles, 7 fibra solenoide condensada e 8 cromosoma metafásico).
B) En que fase do ciclo celular podemos observar cada unha delas?
C) Explique a relación entre os niveis de empaquetado do ADN e a expresión da información xenética.
PREGUNTA 6. METABOLISMO CELULAR
A figura 7 representa un proceso fundamental na biosfera (esquema dun cloroplasto con luz, H2O, ADP+Pi, NADPH, e dúas zonas A e B onde se sinalan os números 1-6 e dous fluxos en B con CO2 entrando e produto saíndo).
A) Indique cal é o seu nome e que seres vivos o levan a cabo.
B) Que fases do proceso están representadas coas letras A e B?
C) Onde se localiza cada unha destas fases?
D) Indique que procesos, substratos ou produtos están sinalados cos números 1-6 da figura.
E) Cite dous destinos da molécula sinalada co número 6.
PREGUNTA 7. BIOTECNOLOXÍA
7.1. Na figura 8 móstrase a secuencia de corte do encima EcoRI (5'…G^AATTC…3' / 3'…CTTAA^G…5'). Indique cales serían os fragmentos resultantes de dixerir con EcoRI o fragmento de ADN mostrado na figura 9:
5'-ATCGCATATGTTACGAATTCCAAAACGGGG-3'
3'-TAGCGTATACAATGCTTAAGGTTTTGCCCC-5'
7.2. A) Indique un exemplo da aplicación da biotecnoloxía en: saúde, produción animal, agricultura e medio ambiente.
B) Cite as dúas principais vantaxes e desvantaxes da utilización de organismos modificados xeneticamente en agricultura.
PREGUNTA 8. INMUNOLOXÍA
A resposta inflamatoria é un dos mecanismos inespecíficos de defensa fronte a patóxenos.
A) Indique dous tipos celulares que interveñen nesta resposta e explique a súa función.
B) Explique brevemente outros dous mecanismos inespecíficos de defensa fronte a patóxenos.
C) Se un patóxeno logra saltar as primeiras liñas de defensa, desencadéase unha resposta específica como é o caso da inmunidade humoral. Explique brevemente o papel das células que interveñen nesta resposta.
Recursos para tu selectividad PAU
selectividad.academy
Academia líder en selectividad PAU online
Guía definitiva PAU 2026
Todo sobre la PAU: fechas, estructura y consejos
Calculadora nota PAU — Gratis
Calcula tu nota de admisión en 30 segundos
Temario selectividad gratis
Qué entra en cada asignatura y dónde ha caído
Nuestras asignaturas
Clases con profesor especialista en la PAU
Selectividad Academy
Aprueba la PAU con nota
Aprende los trucos que no vienen en los libros · Profesores especialistas en la PAU · Damos clase desde cero · Material incluido
Reservar clase gratis →