Examen resuelto de Economía da Empresa — Extraordinaria 2020
PREGUNTA 1. Responda brevemente dous dos catro apartados seguintes: (1,25 puntos por apartado)
1.1. Que é unha Sociedade Anónima? Explique o tipo de responsabilidade que teñen os socios e se existen esixencias dun capital mínimo para constituíla.
1.2. Diferencie entre mediación e arbitraxe como vías de resolución de conflito de intereses.
1.3. Que é un distribuidor almacenista? Explique en que se diferencia dun distribuidor comerciante polo miúdo.
1.4. Diferencie entre produtividade dun factor é produtividade global da empresa. Poña un exemplo de como unha empresa pode aumentar a súa produtividade.
PREGUNTA 2. Responda brevemente dous dos catro apartados seguintes: (1,25 puntos por apartado)
2.1. Que se entende por responsabilidade social da empresa? Ilustre a resposta cun exemplo.
2.2. Describa dúas estratexias de crecemento externo da empresa.
2.3. Explique a diferenza entre competencia perfecta e competencia monopolística.
2.4. Explique a diferenza entre custos fixos e custos variables e entre custos medios e custos marxinais.
PREGUNTA 3. Responda brevemente dous dos catro apartados seguintes: (1,25 puntos por apartado)
3.1. Mencione as cinco forzas competitivas de Porter e explique o significado dunha delas.
3.2. Explique dous dos factores determinantes da localización dunha empresa industrial.
3.3. Explique que se entende por planificación estratéxica.
3.4. Que se entende por financiamento interno da empresa? Poña un exemplo.
PREGUNTA 4. Resolva o seguinte problema:
A empresa ALBINE S.A. presenta os seguintes datos de gastos e ingresos correspondentes ao último exercicio económico (valores en euros):
Alugueiro: 5.000 · Salarios do persoal: 80.200 · Subministracións: 18.200 · Intereses de préstamos: 12.000 · Cotas pagas á Seguridade Social: 32.400 · Vendas: 623.000 · Compras de mercadorías: 123.000 · Amortización do inmobilizado material: 74.000
Pídese:
a) Elabore a conta de resultados desta empresa e determine o beneficio neto obtido aplicando un tipo impositivo do imposto de sociedades do 25 %. (1 punto)
b) Se os recursos propios da empresa ascenden a 3.210.000 euros, calcule a rendibilidade financeira desta empresa e interprete o resultado. (1 punto)
c) Se a rendibilidade económica desta empresa é do 3 %, calcule o valor do activo da mesma. (0,5 puntos)
PREGUNTA 5. Resolva o seguinte problema:
Unha empresa presenta a seguinte información relativa ao seu balance (valores expresados en euros):
Reservas: 20.000 · Elementos de transporte: 90.000 · Aplicacións informáticas: 79.000 · Débedas a longo prazo: 104.000 · Construcións: 81.500 · Provedores: 43.000 · Existencias: 45.000 · Mobiliario: 8.000 · Bancos c/c: 3.000 · Maquinaria: 110.000 · Caixa: 7.000 · Clientes: 16.500
Pídese:
a) Organice o balance en masas patrimoniais e calcule o valor do capital social. (1 punto)
b) Calcule o Fondo de Manobra e comente o resultado. (1 punto)
c) Calcule o ratio de endebedamento [RE = pasivo/(pasivo + patrimonio neto)] e interprete o resultado. (0,5 puntos)
PREGUNTA 6. Resolva o seguinte problema:
Unha empresa ten a posibilidade de executar un dos dous investimentos que figuran na seguinte táboa e que producen os fluxos netos de caixa que se recollen na devandita táboa (valores en euros).
Desembolso inicial Ano 1 Ano 2 Ano 3 Proxecto A 30.000 2.000 12.000 20.000 Proxecto B 75.000 15.000 28.000 32.000Pídese:
a) Determine cal dos proxectos de investimento é preferible segundo o criterio do prazo de recuperación (payback) e xustifique a resposta. (1 punto)
b) Calcule o Valor Actual Neto de cada proxecto tendo en conta unha taxa de actualización do 5%. (1 punto)
c) Baseándose nos resultados do apartado anterior, xustifique en cada caso se o investimento é executable. (0,5 puntos)
PREGUNTA 7. Resolva o seguinte problema:
A empresa ICE S.A. fabrica electrodomésticos e necesita anualmente 281.250 unidades de motores eléctricos que utiliza na produción de frigoríficos. Tendo en conta que o custo de manter un destes motores almacenado durante un ano é de 0,5 euros e que o custo de realizar un pedido é de 800 euros.
Pídese:
a) Calcule o volume óptimo de pedido segundo o modelo de Wilson. (1 punto)
b) Determine o número de pedidos ao ano que debe realizar a empresa tendo en conta o resultado do apartado anterior e calcular o tempo que transcorre entre dous pedidos. (1 punto)
c) Explique o significado dos resultados obtidos nos apartados anteriores. (0,5 puntos)
Recursos para tu selectividad PAU
selectividad.academy
Academia líder en selectividad PAU online
Guía definitiva PAU 2027
Todo sobre la PAU: fechas, estructura y consejos
Calculadora nota PAU — Gratis
Calcula tu nota de admisión en 30 segundos
Temario selectividad gratis
Qué entra en cada asignatura y dónde ha caído
Nuestras asignaturas
Clases con profesor especialista en la PAU
Selectividad Academy
Aprueba la PAU con nota
Aprende los trucos que no vienen en los libros · Profesores especialistas en la PAU · Damos clase desde cero · Material incluido
Pedir clase →