Examen resuelto de Economía da Empresa — Ordinaria 2020
PREGUNTA 1. Responda brevemente dous dos catro apartados seguintes: (1,25 puntos por apartado)
1.1. Explique a diferenza entre crecemento interno e externo da empresa.
1.2. Explique dúas das políticas de promoción no marco da mercadotecnia-mix. Poña un exemplo de cada unha.
1.3. Que é unha estrutura de organización lineal ou xerárquica? Explique algún dos seus inconvenientes.
1.4. Explique en que consiste o crédito comercial de provedores indicando de que tipo de financiamento se trata.
PREGUNTA 2. Responda brevemente dous dos catro apartados seguintes: (1,25 puntos por apartado)
2.1. Que é unha sociedade limitada (S.L)?. Explique unha vantaxe e un inconveniente deste tipo de sociedades.
2.2. Explique a diferenza entre financiamento interno e externo. Poña un exemplo de cada tipo.
2.3. Distinga entre demanda de mercado e cota de mercado. Ilustre a resposta cun exemplo.
2.4. Describa dúas das funcións de dirección ou xestión de recursos humanos.
PREGUNTA 3. Responda brevemente dous dos catro apartados seguintes: (1,25 puntos por apartado)
3.1. Explique cal é a visión do empresario segundo Knight e Schumpeter.
3.2. Explique dous dos factores determinantes da localización das empresas comerciais.
3.3. Diferencie entre custos directos e custos indirectos. Ilustre a resposta cun exemplo.
3.4. Explique en que consiste a segmentación de mercados. Ilustre a resposta cun exemplo.
PREGUNTA 4. Resolva o seguinte problema:
A información sobre os elementos patrimoniais dunha empresa hipotética a 31 de decembro do último exercicio é a seguinte (valores en euros):
Reserva legal: 39.600 · Maquinaria: 98.000 · Bancos c/c: 16.600 · Provedores: 91.000 · Préstamos a longo prazo: 110.000 · Edificios: 140.000 · Débedas a curto prazo: 37.000 · Clientes: 100.000 · Elementos de transporte: 79.000 · Existencias: 86.000
Pídese:
PREGUNTA 5. Resolva o seguinte problema:
Unha empresa fabricante de patinetes está a considerar comprar unha peza electrónica a outra empresa no canto de fabricala ela mesma. Os custos nos que incorre ao fabricar 6.000 das mencionadas pezas son de 39.000 euros en total, sendo os custos variables 18.000 euros. Se compra a peza electrónica a outra empresa cóbranlle 6 euros a unidade.
Pídese:
PREGUNTA 6. Resolva o seguinte problema:
A empresa JOSNIA S.A. presenta a seguinte información relativa aos ingresos e gastos do último exercicio económico (valores expresados en euros):
Salarios do persoal: 200.000 · Ingresos financeiros: 150 · Custo das mercadorías vendidas: 290.000 · Intereses pagos por débedas: 3.400 · Vendas totais: 530.000 · Amortizacións: 3.400
Pídese:
PREGUNTA 7. Resolva o seguinte problema:
Os datos relativos aos fluxos netos de caixa de dous proxectos de investimento que unha empresa quere avaliar son os que aparecen na seguinte táboa (valores en euros):
Desembolso inicial Ano 1 Ano 2 Ano 3 Ano 4 Ano 5 Proxecto A 10.000.000 0 0 6.000.000 6.000.000 8.000.000 Proxecto B 16.000.000 4.000.000 5.000.000 8.000.000 3.000.000 3.000.000Considerando un tipo de desconto do 6 % anual, pídese:
Recursos para tu selectividad PAU
selectividad.academy
Academia líder en selectividad PAU online
Guía definitiva PAU 2026
Todo sobre la PAU: fechas, estructura y consejos
Calculadora nota PAU — Gratis
Calcula tu nota de admisión en 30 segundos
Temario selectividad gratis
Qué entra en cada asignatura y dónde ha caído
Nuestras asignaturas
Clases con profesor especialista en la PAU
Selectividad Academy
Aprueba la PAU con nota
Aprende los trucos que no vienen en los libros · Profesores especialistas en la PAU · Damos clase desde cero · Material incluido
Reservar clase gratis →