Saltar al contenido

Examen resuelto de Economía da Empresa — Ordinaria 2021

GaliciaEconomía da EmpresaPAU 2021Convocatoria ordinaria100% Resuelto
Pregunta
Pregunta 1
2,5 puntos(1,25 por apartado)
Teoría empresa
Cuestións teóricas (responde 2 dos 4 apartados)

PREGUNTA 1. Responda brevemente dous dos catro apartados seguintes: (1,25 puntos por apartado)

1.1. Que se entende por financiamento alleo da empresa? E o mesmo financiamento alleo que financiamento externo? Xustifique a resposta.

1.2. Explique que é un efecto externo (ou externalidade) negativo. Ilustre a resposta cun exemplo.

1.3. Explique en que consiste o principio de división do traballo e mencione algunha das súas vantaxes.

1.4. No marco do marketing mix, explique dúas posibles políticas de fixación de prezos por parte da empresa.

1.1
Financiamento alleo vs externo
(1,25 ptos)
1.2
Externalidade negativa
(1,25 ptos)
1.3
División do traballo
(1,25 ptos)
1.4
Políticas de fixación de prezos
(1,25 ptos)
Pregunta 2
2,5 puntos(1,25 por apartado)
Teoría empresa
Cuestións teóricas (responde 2 dos 4 apartados)

PREGUNTA 2. Responda brevemente dous dos catro apartados seguintes: (1,25 puntos por apartado)

2.1. Explique que se entende por dimensión da empresa, mencione dous dos criterios que se poden utilizar para a súa medición e indique algunha das posibles vantaxes asociadas ao aumento do tamaño da empresa.

2.2. Identifique e caracterice os distintos tipos de empresas que se poden distinguir segundo a titularidade do capital. Sinale se existen diferenzas en canto aos obxectivos que perseguen.

2.3. No marco do ciclo de vida do produto, explique as principais características das fases de crecemento e de madurez.

2.4. Identifique o suxeito pasivo e defina o feito impoñible do IRPF e do Imposto de Sociedades.

2.1
Dimensión da empresa
(1,25 ptos)
2.2
Tipos segundo titularidade do capital
(1,25 ptos)
2.3
Ciclo de vida (crecemento e madurez)
(1,25 ptos)
2.4
IRPF e IS: suxeito pasivo e feito impoñible
(1,25 ptos)
✓
¿Te atascas con Economía da Empresa? Te lo explicamos en 1 hora
Clase particular · Sin compromiso
Pedir clase
Pregunta 3
2,5 puntos(1,25 por apartado)
Teoría empresa
Cuestións teóricas (responde 2 dos 4 apartados)

PREGUNTA 3. Responda brevemente dous dos catro apartados seguintes: (1,25 puntos por apartado)

3.1. Identifique dúas das áreas de actividade da empresa e describa a súa función dentro da mesma.

3.2. Que se entende por crecemento externo da empresa? Complete a resposta explicándoa cun exemplo.

3.3. Describa en que consiste o leasing ou arrendamento financeiro. Ilustre a resposta cun exemplo.

3.4. Que é unha Sociedade Laboral? Que tipo de responsabilidade teñen os socios deste tipo de entidades?

3.1
Dúas áreas de actividade
(1,25 ptos)
3.2
Crecemento externo + exemplo
(1,25 ptos)
3.3
Leasing financeiro + exemplo
(1,25 ptos)
3.4
Sociedade Laboral
(1,25 ptos)
Pregunta 4
2,5 puntos(a:1, b:1, c:0,5)
Análise contable
Balance, fondo de manobra e ratio de garantía

PREGUNTA 4. Resolva o seguinte problema:

Unha sociedade anónima presenta a seguinte información contable a 31 de decembro do ano en curso (valores expresados en euros):

Clientes: 75.000 · Efectos a pagar a curto prazo: 60.000 · Terreos: 120.000 · Aplicacións informáticas: 45.000 · Efectos a pagar a longo prazo: 50.000 · Reservas: 15.000 · Bancos c/c: 5.000 · Existencias: 28.000 · Provedores: 18.000

Pídese:

a) Clasifique o balance en masas patrimoniais e calcule a cifra de capital. (1 punto)

b) Determine o fondo de manobra e interprete o resultado. (1 punto)

c) Calcule a ratio de garantía [RG = activo/(pasivo corrente + pasivo non corrente)] e explique o seu significado. (0,5 puntos)

a
Balance e capital
(1 pto)
b
Fondo de manobra
(1 pto)
c
Ratio de garantía
(0,5 ptos)
📊
Calcula tu nota de selectividad
Nuestra calculadora te dice si llegas a la nota de corte
Ir a la calculadora
Pregunta 5
2,5 puntos(a:1, b:1, c:0,5)
Investimento
VAN e Payback dunha máquina

PREGUNTA 5. Resolva o seguinte problema:

Unha empresa proxecta realizar un investimento consistente na adquisición dunha máquina que ten un custo de 78.000 euros que se desembolsarían no momento da compra. A vida útil da máquina estímase en catro anos. Esta máquina ten uns custos de mantemento que xeran uns pagos anuais estimados de 5.000 euros para os anos 1 e 2 e de 10.000 euros para os anos 3 e 4. As previsións son que a máquina xere cobros de 30.000 euros ao ano durante a súa vida útil.

Pídese:

a) Calcule o VAN deste investimento para un custo do capital do 5%. (1 punto)

b) Calcule o prazo de recuperación do investimento. (1 punto)

c) Explique a conveniencia ou non da realización do proxecto segundo os resultados dos apartados anteriores. (0,5 puntos)

a
VAN ao 5%
(1 pto)
b
Payback
(1 pto)
c
Conveniencia
(0,5 ptos)
Pregunta 6
2,5 puntos(a:1, b:1, c:0,5)
Custos e produción
Decisión fabricar vs comprar (motores)

PREGUNTA 6. Resolva o seguinte problema:

Unha empresa que fabrica 1.200 automóbiles ao ano está pensado na posibilidade de producir ela mesma os motores para os coches. A produción dos motores supón soportar uns custos fixos de 200.000 € anuais e un custo variable unitario de 100 €. Unha empresa auxiliar cóbralle 200 € por cada motor.

Pídese:

a) Baixo estas circunstancias, determine se á empresa lle interesa producir ou comprar os motores á empresa auxiliar. Razoe a resposta. (1 punto)

b) Calcule o número de automóbiles que tería que fabricar para que lle sexa indiferente comprar os motores ou producilos ela mesma. (1 punto)

c) Represente graficamente a situación anterior. (0,5 puntos)

a
Decisión actual (1.200 automóbiles)
(1 pto)
b
Punto de indiferenza
(1 pto)
c
Representación gráfica
(0,5 ptos)
🧠Practica Economía da Empresa gratis con preguntas tipo testHacer quiz
Solución gratuitaVer más exámenes de Economía da Empresa
Compartido712 veces

Recursos para tu selectividad PAU

Selectividad Academy

Aprueba la PAU con nota

Aprende los trucos que no vienen en los libros · Profesores especialistas en la PAU · Damos clase desde cero · Material incluido

Pedir clase →