Examen resuelto de Economía da EmpresaExtraordinaria 2022

GaliciaEconomía da Empresa2022 Extraordinaria6 preguntas100% Resuelto
Pregunta
Pregunta 1
1,25 puntos por apartado
Teoría — preguntas curtas
Conceptos básicos de empresa

PREGUNTA 1. Responda brevemente dous dos catro apartados seguintes: (1,25 puntos por apartado)

1.1. Explique a diferenza entre as estratexias empresariais de fusión e adquisición.

1.2. Que se entende por canal de distribución e que tipo de intermediarios poden formar parte do mesmo?

1.3. Que se entende por organigrama e que funcións cumpre?

1.4. Que se entende por financiación propia da empresa e que tipo de recursos financeiros comprende?

Pregunta 2
1,25 puntos por apartado
Teoría — preguntas curtas
Empresario, produtividade, multinacional, mercados

PREGUNTA 2. Responda brevemente dous dos catro apartados seguintes: (1,25 puntos por apartado)

2.1. Explique a visión do empresario segundo a perspectiva de Galbraith.

2.2. Identifique dous factores determinantes da produtividade dunha empresa e explique como inflúen na mesma.

2.3. Explique dous factores ou razóns que poden levar unha empresa a converterse en multinacional.

2.4. En que consiste a investigación de mercados? Mencione as súas fases.

¿Te atascas con Economía da Empresa? Te lo explicamos en 1 hora
Primera clase gratis · Sin compromiso
Pedir clase gratis
Pregunta 3
1,25 puntos por apartado
Teoría — preguntas curtas
Acción, fiscalidade, mercados, dirección

PREGUNTA 3. Responda brevemente dous dos catro apartados seguintes: (1,25 puntos por apartado)

3.1. Explique que é unha acción e que tipo de dereitos lle confire ao seu posuidor.

3.2. Distinga entre feito impoñible e base impoñible no caso do imposto sobre sociedades.

3.3. Explique a diferenza entre un mercado de competencia perfecta e un oligopolio.

3.4. No marco das funcións de dirección, distinga entre planificación e organización.

Pregunta 4
2,5 puntos(1 + 1 + 0,5)
Investimento — VAN e Plazo de recuperación
VAN e prazo de recuperación de dous proxectos

PREGUNTA 4. Resolva o seguinte problema:

Considere os seguintes proxectos de investimento que requiren un desembolso inicial de 100.000 euros. Os fluxos de caixa anuais que xeran ambos proxectos son os que figuran na seguinte táboa (valores en euros):

ProxectoAno 1Ano 2Ano 3
A70.00060.00020.000
B30.00040.000120.000

a) Calcule o VAN de ambos proxectos de investimento, tendo en conta que a taxa de desconto é do 5 %. (1 punto)

b) Determine o prazo de recuperación de ambos proxectos de investimento. (1 punto)

c) Que proxecto considera preferible? Razoe a resposta. (0,5 puntos)

📊
Calcula tu nota de selectividad
Nuestra calculadora te dice si llegas a la nota de corte
Ir a la calculadora
Pregunta 5
2,5 puntos(1 + 1 + 0,5)
Contabilidade — Resultado de explotación e financeiro
Resultados de explotación, financeiros e beneficios despois de impostos

PREGUNTA 5. Resolva o seguinte problema:

No último exercicio económico, unha sociedade anónima rexistrou unhas vendas do produto que comercializa de 1.200.000 unidades. Esta empresa vendeu o seu produto a un prezo de 0,8 € a unidade. As demais cifras de ingresos e gastos (en miles de euros) correspondentes ao mencionado exercicio son as seguintes:

  • Rendementos de activos de renda fixa: 10
  • Consumo de materias primas: 500
  • Intereses pagados por un préstamo: 15
  • Pagos por arrendamento de local: 20
  • Amortización do inmobilizado: 10
  • Salarios: 180

a) Determine o resultado de explotación e explique brevemente o seu significado. (1 punto)

b) Calcule os resultados financeiros e explique brevemente o seu significado. (1 punto)

c) A que imposto están sometidos os beneficios desta empresa? Calcule os beneficios despois de impostos para un tipo impositivo do 25 %. (0,5 puntos)

Pregunta 6
2,5 puntos(1 + 1 + 0,5)
Xestión de existencias — PMP e FIFO
Ficha de almacén PMP e valoración FIFO

PREGUNTA 6. Resolva o seguinte problema:

Unha empresa que comercializa artigos de descanso está a xestionar as existencias do seu produto estrela no mes de maio, tendo a principios deste mes unhas existencias iniciais de 600 unidades valoradas a 300 €/unidade. Durante todo o mes producíronse os seguintes movementos deste produto:

  • 3 de maio: compra de 300 unidades a 350 €/unidade
  • 9 de maio: venda de 500 unidades
  • 15 de maio: venda de 350 unidades
  • 25 de maio: compra de 800 unidades a 290 €/unidade

a) Confeccione a ficha de almacén deste produto utilizando o método do Prezo Medio Ponderado (PMP). (1 punto)

b) Calcule o valor final das existencias en almacén desta empresa utilizando o método FIFO. (1 punto)

c) Baseándose nos resultados obtidos, comente brevemente a importancia que para unha empresa ten a elección do método de valoración de existencias. (0,5 puntos)

Solución gratuitaVer más exámenes de Economía da Empresa
Compartido0 veces

Recursos para tu selectividad PAU

Selectividad Academy

Aprueba la PAU con nota

Aprende los trucos que no vienen en los libros · Profesores especialistas en la PAU · Damos clase desde cero · Material incluido

Reservar clase gratis →