Examen resuelto de Economía da Empresa — Ordinaria 2022
PREGUNTA 1. Responda brevemente dous dos catro apartados seguintes (1,25 puntos por apartado).
1.1. Que é o contorno xeral da empresa? Enumere dous factores do dito contorno.
1.2. En que consiste a estratexia de crecemento por especialización? Poña un exemplo.
1.3. Que se entende por estrutura organizativa funcional? Indique unha vantaxe e un inconveniente.
1.4. Diferencie entre eficiencia técnica e económica.
PREGUNTA 2. Responda brevemente dous dos catro apartados seguintes (1,25 puntos por apartado).
2.1. Distinga entre demanda de mercado e cota de mercado. Poña un exemplo.
2.2. Defina os elementos do tributo: feito impoñible, base impoñible e tipo impositivo.
2.3. Que se entende por financiamento interno ou autofinanciamento? Distinga os dous compoñentes.
2.4. Que mide a produtividade? Distinga produtividade dun factor e produtividade global.
PREGUNTA 3. Responda brevemente dous dos catro apartados seguintes (1,25 puntos por apartado).
3.1. Como se clasifican as empresas segundo o sector da actividade empresarial? Poña un exemplo.
3.2. Cales son os dous factores que identifica Herzberg na súa teoría sobre a motivación?
3.3. Que se entende por marca? Enumere dúas estratexias de marca.
3.4. Que son os factores de localización empresarial? Enumere dous factores de localización industrial.
PREGUNTA 4. Resolva o seguinte problema:
A valoración (en euros) dos elementos que constitúen o patrimonio dunha empresa é a seguinte:
- Reservas: 6.000
- Préstamo banco a longo prazo: 5.800
- Maquinaria: 3.000
- Mercadorías: 2.800
- Construcións: 6.500
- Provedores: 6.000
- Propiedade industrial: 8.000
- Clientes: 1.500
- Bancos: 800
Partindo destes datos, pídese:
a) Clasifique o balance en masas patrimoniais e calcule a cifra de capital. (1 punto)
b) Determine o valor do fondo de manobra de dúas formas distintas. (1 punto)
c) Comente a situación financeira da empresa a curto prazo. (0,5 puntos)
PREGUNTA 5. Resolva o seguinte problema:
Unha empresa que comercializa portas está a xestionar as existencias dun modelo novo de portas no mes de febreiro, tendo ao comezo do mes unhas existencias de 100 portas a 120 €/porta. Durante o mes producíronse os seguintes movementos deste produto:
- 7 de febreiro: venda de 60 portas.
- 11 de febreiro: compra de 200 portas a 135 €/porta.
- 21 de febreiro: venda de 150 portas.
- 24 de febreiro: compra de 260 portas a 142 €/porta.
Pídese:
a) Confeccione a ficha de almacén utilizando o método FIFO. (1 punto)
b) Confeccione a ficha de almacén empregando o método do Prezo Medio Ponderado (PMP). (1 punto)
c) Comente os resultados dos apartados anteriores. (0,5 puntos)
PREGUNTA 6. Resolva o seguinte problema:
Considere dous proxectos de investimento, que xeran os fluxos de caixa que figuran na táboa (valores en euros):
| Proxecto | Desembolso inicial | Fluxo de caixa ano 1 | Fluxo de caixa ano 2 | Fluxo de caixa ano 3 |
|---|---|---|---|---|
| Proxecto A | 150.000 | 45.000 | 70.000 | 120.000 |
| Proxecto B | 250.000 | 30.000 | 90.000 | 150.000 |
a) Calcule o prazo de recuperación de cada proxecto. (1 punto)
b) Determine o Valor Actualizado Neto de cada proxecto, supondo que a taxa de desconto é do 5 % anual. (1 punto)
c) A partir dos resultados dos apartados anteriores, xustifique cal dos dous proxectos sería preferible. (0,5 puntos)
Recursos para tu selectividad PAU
selectividad.academy
Academia líder en selectividad PAU online
Guía definitiva PAU 2026
Todo sobre la PAU: fechas, estructura y consejos
Calculadora nota PAU — Gratis
Calcula tu nota de admisión en 30 segundos
Temario selectividad gratis
Qué entra en cada asignatura y dónde ha caído
Nuestras asignaturas
Clases con profesor especialista en la PAU
Selectividad Academy
Aprueba la PAU con nota
Aprende los trucos que no vienen en los libros · Profesores especialistas en la PAU · Damos clase desde cero · Material incluido
Reservar clase gratis →