Examen resuelto de Historia de la Filosofía — Ordinaria 2021
GaliciaFilosofía100% Resuelto
Pregunta 1
filosofia-moderna
Descartes: o problema do método e a evidencia do cogito
os dous apartados: 1.1. Comente o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolva a cuestión: "Descartes: o problema do método e a evidencia do cogito". (6 puntos: 3 para o comentario e 3 para a cuestión). De seguido, reflexionando sobre o feito de eu dubidar e que, en consecuencia, o meu ser non era completamente perfecto, pois vía claramente que era unha maior perfección coñecer que dubidar, ocorréuseme pensar de onde aprendera eu a pensar nalgunha cousa máis perfecta do que eu era; e coñecín evidentemente que debía ser dalgunha natureza que fose en efecto máis perfecta. (…) Pero non podía ocorrer o mesmo coa idea dun ser máis perfecto có meu; pois era cousa manifestamente imposible tela da nada; e como non hai menos repugnancia en que o máis perfecto sexa unha consecuencia e unha dependencia do menos perfecto, do que a hai de que da nada proceda algo, non a podía ter tampoco de min mesmo. De xeito que só quedaba que ela fose posta en min por unha natureza que fose verdadeiramente máis perfecta do que eu era, e mesmo que tivese en si todas as perfeccións das que eu puidese ter algunha idea, é dicir, para explicalo nunha palabra, que fose Deus. (DESCARTES: Discurso do método, Parte IV). 1.2. Explique un dos tres temas: 1.2.1. Realidade e coñecemento en Platón. 1.2.2. Platón: antropoloxía e política. 1.2.3. Alienación e ideoloxía en Marx.
Pregunta 2
filosofia-moderna
Hume: crítica das ideas de substancia e causalidade
os dous apartados: 2.1. Comente o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolva a cuestión: "Hume: crítica das ideas de substancia e causalidade". (6 puntos: 3 para o comentario e 3 para a cuestión). Preguntaría gustosamente ós filósofos que derivaron tanto dos seus razoamentos da distinción entre substancia e accidente e imaxinaron que temos ideas claras acerca delas, se a idea de substancia debe ser derivada das impresións de sensación ou de reflexión. Se nos é proporcionada polos nosos sentidos, pregunto por cal deles e de que maneira? Se é percibida pola vista, debe ser unha cor; se polo oído, un son; se polo gusto, un sabor; e así para os outros sentidos. Pero non creo que alguén afirme que a substancia é unha cor, un son ou un sabor. A idea de substancia, se é que existe, debe logo derivarse das impresións de reflexión. Pero as impresións de reflexión divídense nas nosas paixóns e emocións, ningunha das cales é posible que represente unha substancia. Polo tanto, non temos ningunha idea de substancia distinta dunha colección de cualidades particulares, nin nos referimos a outra cousa cando falamos ou razoamos sobre ela. (HUME: Tratado da natureza humana, Libro I, Parte I, Sección VI). 2.2. Explique un dos tres temas: 2.2.1. Física e metafísica en Aristóteles. 2.2.2. Ética e política en Aristóteles. 2.2.3. Nietzsche: crítica da cultura occidental.
✓
¿Te atascas con Historia de la Filosofía? Te lo explicamos en 1 hora
Primera clase gratis · Sin compromiso
Pregunta 3
filosofia-antigua
Realidade e coñecemento en Platón
os dous apartados: 3.1. Comente o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolva a cuestión: "Realidade e coñecemento en Platón". (6 puntos: 3 para o comentario e 3 para a cuestión). SÓCRATES.— (…) Así, pois, a alma, sendo inmortal e tendo renacido moitas veces e ao ter contemplado todas as cousas, as de aquí e as do Hades, non hai nada que non aprendese. De xeito que non hai que sorprenderse que ela sexa quen de ter recordos acerca da virtude e das demais cousas que, por certo, coñecera anteriormente. Pois ao estar emparentada toda a natureza e tendo aprendido todo a alma, nada empece para que un, recordando unha soa cousa –iso que os homes chaman aprender–, encontre todas as demais, se é valente e teimudo na busca. Porque o buscar e o aprender non son máis que reminiscencias. (...) MENÓN.— Si, Sócrates. Pero como dis iso de que non aprendemos, senón que o que chamamos aprender non é máis que reminiscencia? Poderasme ensinar que isto é así? (PLATÓN: Menón, 81c-82a). 3.2. Explique un dos tres temas: 3.2.1. O liberalismo político de Locke. 3.2.2. Os límites do coñecemento en Kant. 3.2.3. Alienación e ideoloxía en Marx.
Pregunta 4
filosofia-medieval
O problema Razón/Fe na Filosofía Medieval
aos dous apartados: 4.1. Comente o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolva a cuestión: "O problema Razón/Fe na Filosofía Medieval". (6 puntos: 3 para o comentario e 3 para a cuestión). Todo home quere entender; ninguén hai que non o queira; non todos queren crer. Dime un home: "Entenda eu para que poida crer". Respóndolle: "Cre para que poidas entender". E xa que naceu entre nós unha controversia tal, por así dicilo, cando me dixo un "Entenda eu para que poida crer", e eu respondinlle: "mellor cre para que poidas entender", vaiamos con esta controversia onda o xuíz e ningún dos dous presuma que a sentenza caerá da súa parte. A que xuíz iremos? Se examinamos a todos os homes, non sei a que outro xuíz podemos atopar mellor que ao home polo cal Deus fala. Non vaiamos, pois, neste asunto e controversia, aos autores profanos, non sexa o noso xuíz un poeta, senón un profeta. (AGOSTIÑO DE HIPONA: "Sermón 43"). 4.2. Explique un dos tres temas: 4.2.1. Hume: crítica das ideas de substancia e causalidade. 4.2.2. Razón e progreso na Ilustración. 4.2.3. Ortega y Gasset: a razón vital.
Recursos para tu selectividad PAU
selectividad.academy
Academia líder en selectividad PAU online
Guía definitiva PAU 2026
Todo sobre la PAU: fechas, estructura y consejos
Calculadora nota PAU — Gratis
Calcula tu nota de admisión en 30 segundos
Temario selectividad gratis
Qué entra en cada asignatura y dónde ha caído
Nuestras asignaturas
Clases con profesor especialista en la PAU
Selectividad Academy
Aprueba la PAU con nota
Aprende los trucos que no vienen en los libros · Profesores especialistas en la PAU · Damos clase desde cero · Material incluido
Reservar clase gratis →