Examen resuelto de Historia da FilosofíaExtraordinaria 2022

GaliciaHistoria da Filosofía2022Extraordinaria100% Resuelto
Pregunta
Pregunta 1
Filosofía antigua
Realidad y conocimiento en Platón: comentario del mito de la caverna

PREGUNTA 1. Responda os dous apartados:

1.1. Comente o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolva a cuestión: "Realidade e coñecemento en Platón". (6 puntos: 3 para o comentario e 3 para a cuestión)

— Imaxina homes nunha especie de morada subterránea en forma de caverna, cunha longa entrada aberta, en toda a súa extensión, á luz e imaxina que están alí dende nenos coas pernas e o pescozo encadeados de maneira que teñen que permanecer alí e mirar unicamente cara adiante, pois as cadeas impídenlles xirar a cabeza. Máis lonxe a luz dun lume que arde máis arriba, detrás deles e entre o lume e os encadeados un camiño máis alto; e ao longo do camiño imaxina que foi construído un muro [...].

— [...]

— Considera, agora, que pasaría se fosen liberados das súas cadeas e curados da súa ignorancia, [...] que un deles fose ceibado e obrigado a levantarse, a volver o pescozo, a camiñar e a mirar cara á luz e que, ao facer isto, sufrise e que a causa do escintileo da luz non fose quen de percibir aquelas cousas das que ata entón vía sombras.

— [...]

— E se se o forzase a mirar á luz mesma, non cres que lle doerían os ollos e que fuxiría virando cara ao que pode contemplar e que crería que estas son máis claras que as que se lle amosan?

— [...]

— Pois ben, meu querido Glaucón, esa imaxe debémola aplicar totalmente ao dito anteriormente; hai que comparar a rexión que se manifesta por medio da vista coa morada do cárcere e esa luz do lume co poder do sol; compara a suba ao mundo de arriba e a contemplación das cousas deste coa ascensión da alma á rexión do intelixible e non errarás respecto do que espero que é o que ti desexas oír. [...] O que a min me parece é que no mundo intelixible o último que se percibe, e con dificultade, é a idea do ben, pero, unha vez percibida, hai que colixir que é a causa de todo o recto e fermoso que hai en todas as cousas e que no mundo visible xerou a luz e ao señor desta e que no mundo intelixible xerou a verdade e o coñecemento.

PLATÓN: República, Libro VII, 514a-517b

1.2. Explique un dos tres temas: (4 puntos)

  • 1.2.1. Descartes: o problema do método e a evidencia do cogito.
  • 1.2.2. A lei moral en Kant.
  • 1.2.3. Alienación e ideoloxía en Marx.
Pregunta 2
Filosofía antigua
Física y metafísica en Aristóteles: las cuatro causas

PREGUNTA 2. Responda os dous apartados:

2.1. Comente o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolva a cuestión: "Física e metafísica en Aristóteles". (6 puntos: 3 para o comentario e 3 para a cuestión)

Feitas estas distincións, cómpre examinar as causas, cales e cantas son.

Nun sentido (1) chámase causa a ese constitutivo inherente do que se fai algo, [...].

Noutro sentido (2) é a forma e o modelo, é dicir, a definición de esencia e os seus xéneros (así a causa da octava é a relación de dous a un, e en xeral o número), e tamén as partes da definición.

E tamén (3) é aquilo de onde xorde o principio primeiro do cambio ou do repouso; así quen toma unha resolución é causa, o pai é causa do fillo, e en xeral o que fai é causa do feito e o que produce un cambio é causa do cambiado.

E aínda máis (4), é o fin, aquilo para o que é algo [...].

ARISTÓTELES: Física, Libro II-3, 194b-195a

2.2. Explique un dos tres temas: (4 puntos)

  • 2.2.1. Hume: crítica das ideas de substancia e causalidade.
  • 2.2.2. Razón e progreso na Ilustración.
  • 2.2.3. Ortega y Gasset: a razón vital.
¿Te atascas con Historia da Filosofía? Te lo explicamos en 1 hora
Primera clase gratis · Sin compromiso
Pedir clase gratis
Pregunta 3
Moderna
La ley moral en Kant: imperativos hipotéticos y categóricos

PREGUNTA 3. Responda os dous apartados:

3.1. Comente o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolva a cuestión: "A lei moral en Kant". (6 puntos: 3 para o comentario e 3 para a cuestión)

Pois ben, todos os imperativos ordenan ou hipotética ou categoricamente. Aqueles [os hipotéticos] representan a necesidade práctica dunha posible acción como medio para acadar outra cousa que se queira (ou que posiblemente se queira). O imperativo categórico sería aquel que representa unha acción como obxectivamente necesaria por si mesma, sen relación con ningún outro fin. […]

Un imperativo que, sen poñer como condición ningún outro propósito acadable por medio dun determinado comportamento, ordena ese comportamento de inmediato. Tal imperativo é categórico. Non concirne á materia da acción e ó que dela poida resultar, senón á forma e ó principio do que ela mesma se deriva, e o esencialmente bo de tal acción reside na disposición de ánimo, calquera que sexa o resultado da acción. Este imperativo pode chamarse o imperativo da moralidade.

KANT, I.: Fundamentación da metafísica dos costumes, 1.977, cap. 2, pp: 35-36

3.2. Explique un dos tres temas: (4 puntos)

  • 3.2.1. A orixe do cosmos na corrente presocrática.
  • 3.2.2. Realidade e coñecemento en Platón.
  • 3.2.3. Alienación e ideoloxía en Marx.
Pregunta 4
Moderna
Hume: crítica de las ideas de sustancia y causalidad

PREGUNTA 4. Responda os dous apartados:

4.1. Comente o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolva a cuestión: "Hume: crítica das ideas de substancia e causalidade". (6 puntos: 3 para o comentario e 3 para a cuestión)

Todos os razoamentos referentes a materias de feito parecen estar fundados na relación de causa e efecto. Por medio desa única relación podemos ir máis aló da evidencia da nosa memoria e dos nosos sentidos. […] E neles supóñese constantemente que hai unha conexión entre o feito presente e ese que se infire del. Se non houbese nada que os ligase, a inferencia sería completamente precaria. […] Se analizamos todos os demais razoamentos desta natureza, atoparemos que están baseados na relación de causa e efecto, e que esa relación pode ser próxima ou remota, directa ou colateral. A calor e a luz son efectos colaterais do lume, e un efecto pode inferirse correctamente do outro.

Polo tanto, se quixeramos satisfacernos no referente á natureza da evidencia que nos garante as cuestións de feito, deberiamos preguntarnos como chegar ao coñecemento da causa e do efecto.

HUME: Investigación sobre o coñecemento humano, Sec. IV, Parte I

4.2. Explique un dos tres temas: (4 puntos)

  • 4.2.1. Ética e política en Aristóteles.
  • 4.2.2. O problema Razón/Fe na Filosofía Medieval.
  • 4.2.3. Nietzsche: crítica da cultura occidental.
Solución gratuitaVer más exámenes de Historia da Filosofía
Compartido0 veces

Recursos para tu selectividad PAU

Selectividad Academy

Aprueba la PAU con nota

Aprende los trucos que no vienen en los libros · Profesores especialistas en la PAU · Damos clase desde cero · Material incluido

Reservar clase gratis →