Examen resuelto de Historia de la FilosofíaOrdinaria 2022

GaliciaFilosofía100% Resuelto
Pregunta
Pregunta 1
Filosofía Moderna
Locke: o liberalismo político (Ensaio sobre o goberno civil, Cap. 7, § 90)
os dous apartados:
1.1. Comente o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolva a cuestión: "O liberalismo político de Locke". (6 puntos: 3 para o comentario e 3 para a cuestión)
§ 90. E polo tanto, é evidente que a monarquía absoluta, a cal é considerada por algúns como a única forma de goberno válida no mundo, é de feito incompatible coa sociedade civil e, polo tanto, non pode ser unha forma de goberno civil en absoluto. Dado que o fin da sociedade civil é evitar e remediar aqueles inconvenientes do estado de natureza que se deriven necesariamente do feito de que cada home sexa xuíz do seu propio caso, establecendo unha autoridade coñecida á cal calquera membro desa sociedade poida apelar en caso de ser inxuriado, ou en caso dunha controversia que poida xurdir, e á cal todos os membros da dita sociedade deban obedecer. Onde queira que haxa un grupo de persoas que non teñan tal autoridade á que apelar, e que poida decidir calquera diferenza que entre eles poida alí xurdir, esas persoas estarán aínda no estado de natureza.
(LOCKE: Ensaio sobre o goberno civil, Cap. 7, § 90).
1.2. Explique un dos tres temas: (4 puntos)
1.2.1. A orixe do cosmos na corrente presocrática.
1.2.2. Realidade e coñecemento en Platón.
1.2.3. Alienación e ideoloxía en Marx.
Pregunta 2
Filosofía Moderna
Hume: crítica das ideas de substancia e causalidade (Tratado da natureza humana, Libro I, Parte I, Sec. VI)
aos dous apartados:
2.1. Comente o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolva a cuestión: "Hume: crítica das ideas de substancia e causalidade". (6 puntos: 3 para o comentario e 3 para a cuestión).
A idea de substancia, se é que existe, debe logo derivarse das impresións de reflexión. Pero as impresións de reflexión divídense nas nosas paixóns e emocións, ningunha das cales é posible que represente unha substancia. Polo tanto, non temos ningunha idea de substancia distinta dunha colección de cualidades particulares, nin nos referimos a outra cousa cando falamos ou razoamos sobre ela.
A idea de substancia, así como a de modo, non é senón unha colección de ideas simples reunidas pola imaxinación e que teñen un nome particular asignado, polo cal somos capaces de recuperar, para nós mesmos ou para outros, ese conxunto. Pero a diferenza entre estas ideas consiste nisto: que as cualidades particulares que forman a substancia se refiren normalmente a un algo descoñecido, ó cal son supostamente inherentes; ou aceptando que esta ficción non se produza, polo menos suponse que están conectadas de xeito próximo e indisoluble polas relacións de contigüidade e causalidade.
(HUME: Tratado da natureza humana; Libro I, Parte I, Sec VI).
2.2. Explique un dos tres temas: (4 puntos)
2.2.1. Física e metafísica en Aristóteles.
2.2.2. O problema Razón/Fe na Filosofía Medieval.
2.2.3. Ortega y Gasset: a razón vital.
¿Te atascas con Historia de la Filosofía? Te lo explicamos en 1 hora
Primera clase gratis · Sin compromiso
Pedir clase gratis
Pregunta 3
Filosofía Moderna
Kant: os límites do coñecemento (Crítica da Razón Pura, A51/B75 – A52/B76)
os dous apartados:
3.1. Comente o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolva a cuestión: "Os límites do coñecemento en Kant". (6 puntos: 3 para o comentario e 3 para a cuestión)
Se chamamos sensibilidade á receptividade do noso ánimo (psique), para captar representacións en canto sexa dalgún xeito afectado, en contrapartida, a facultade de producir por nós mesmos representacións, a espontaneidade do coñecemento, será entendemento. Á nosa natureza pertence que a intuición nunca poida ser máis ca sensible, é dicir, contén unicamente o modo como somos afectados polos obxectos. Pola contra, a facultade de pensar o obxecto da intuición sensible é o entendemento. Ningunha destas propiedades prevalece sobre a outra. Sen sensibilidade ningún obxecto nos sería dado, e sen entendemento ningún podería ser pensado. Pensamentos sen contido son baleiros, intuicións sen conceptos son cegas. Por iso tan necesario é facer os seus conceptos sensibles (é dicir, agregarlle o seu obxecto na intuición) como facer comprensibles as súas intuicións (é dicir, sometelas a conceptos). Ambas as dúas facultades ou capacidades non poden tampouco permutar as súas funcións. O entendemento non pode intuír nada e os sentidos non poden pensar nada. Unicamente na súa reunión pode orixinarse o coñecemento. Non por iso, non obstante, podemos mesturar a súa participación, senón que hai serios motivos para separaralos coidadosamente e distinguilos entre si. Por iso distinguimos a ciencia das regras da sensibilidade en xeral, é dicir, a estética, da ciencia das regras do entendemento en xeral, é dicir, a lóxica.
(KANT: Crítica da Razón Pura A51/B75 – A52/B76).
3.2. Explique un dos tres temas: (4 puntos)
3.2.1. A orixe do cosmos na corrente presocrática.
3.2.2. Platón: antropoloxía e política.
3.2.3. Alienación e ideoloxía en Marx.
Pregunta 4
Filosofía Medieval
Tomé de Aquino: o problema Razón/Fe na Filosofía Medieval (Suma contra os xentís, Libro 1, cap. 7)
aos dous apartados.
4.1. Comente o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolva a cuestión: "O problema Razón/Fe na Filosofía Medieval". (6 puntos: 3 para el comentario y 3 para la cuestión)
Así mesmo, o que é infundido polo docente na alma do discípulo contén o saber do mestre, a non ser que ensine de xeito ficticio, o que non é lícito dicir de Deus. E o coñecemento dos principios que nos son coñecidos por natureza foi inspirado en nós por Deus, xa que el mesmo é o autor da nosa natureza. E tamén a divina sabedoría contén estes principios. E así, todo o que é contrario a estes principios, vai en contra da divina sabedoría. Pois ben, isto non é posible de Deus. Logo, o que se obtén da revelación divina mediante a fe non pode ser contrario ao coñecemento natural.
(TOMÉ DE AQUINO: Suma contra os xentís, Libro 1, cap. 7).
4.2. Explique un dos tres temas: (4 puntos)
4.2.1. Hume: crítica das ideas de substancia e causalidade.
4.2.2. Razón e progreso na Ilustración.
4.2.3. Nietzsche: crítica da cultura occidental.
Solución gratuitaVer más exámenes de Historia de la Filosofía
Compartido0 veces

Recursos para tu selectividad PAU

Selectividad Academy

Aprueba la PAU con nota

Aprende los trucos que no vienen en los libros · Profesores especialistas en la PAU · Damos clase desde cero · Material incluido

Reservar clase gratis →