Examen resuelto de Historia da FilosofíaExtraordinaria 2023

GaliciaHistoria da Filosofía2023Extraordinaria100% Resuelto
Pregunta
Pregunta 1
Filosofía antigua
Realidad y conocimiento en Platón: comentario del mito de la caverna

PREGUNTA 1. Responda os dous apartados:

1.1. Comente o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolva a cuestión: «Realidade e coñecemento en Platón» (6 puntos: 3 para o comentario e 3 para a cuestión).

Fragmento (PLATÓN, República, Libro VII, 514a-517b): «Imaxina homes nunha especie de morada subterránea en forma de caverna... un camiño máis alto; e ao longo do camiño imaxina que foi construído un muro... Considera, agora, que pasaría se fosen liberados das súas cadeas e curados da súa ignorancia... a un deles ceibado e obrigado a levantarse, a volver o pescozo, a camiñar e a mirar cara á luz... Se fose forzado a mirar á luz mesma, non cres que lle doerían os ollos...? Pois ben, meu querido Glaucón, esa imaxe debémola aplicar totalmente ao dito anteriormente; hai que comparar a rexión que se manifesta por medio da vista coa morada do cárcere e esa luz do lume co poder do sol; compara o ascenso ao mundo de arriba e a contemplación das cousas deste coa ascensión da alma á rexión do intelixible... o que a min me parece é que no mundo intelixible o último que se percibe, e con dificultade, é a idea do ben...»

1.2. Explique un dos tres temas (4 puntos): 1.2.1. Descartes: o problema do método e a evidencia do cogito. 1.2.2. A lei moral en Kant. 1.2.3. Alienación e ideoloxía en Marx.

Pregunta 2
Filosofía antigua
Ética y política en Aristóteles: virtud dianoética y ética

PREGUNTA 2. Responda os dous apartados:

2.1. Comente o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolva a cuestión: «Ética e política en Aristóteles» (6 puntos: 3 para o comentario e 3 para a cuestión).

Fragmento (ARISTÓTELES, Ética a Nicómaco, Libro II, 1103a-1104a): «Xa que existen dúas clases de virtude, a dianoética e a ética, a dianoética xorde e medra principalmente pola aprendizaxe e por iso precisa de experiencia e de tempo. En cambio a ética xorde do costume e por iso o seu nome varía un pouco do de «costume». Deste feito resulta evidente que ningunha das virtudes éticas se dá en nós por natureza, pois nada do que existe por natureza cambia por costume. Así, por exemplo, a pedra, que por natureza vai cara abaixo, non se afaría a ir cara arriba por máis que se intentase meterlle o costume tirándoa moitas veces cara arriba... Así é que as virtudes non se producen por natureza nin contra a natureza, senón porque temos de noso aptitude para recibilas e perfeccionalas mediante o costume.»

2.2. Explique un dos tres temas (4 puntos): 2.2.1. Hume: crítica das ideas de substancia e causalidade. 2.2.2. Razón e progreso na Ilustración. 2.2.3. Nietzsche: crítica da cultura occidental.

¿Te atascas con Historia da Filosofía? Te lo explicamos en 1 hora
Primera clase gratis · Sin compromiso
Pedir clase gratis
Pregunta 3
Moderna
El liberalismo político de Locke: estado de libertad y ley natural

PREGUNTA 3. Responda os dous apartados:

3.1. Comente o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolva a cuestión: «O liberalismo político de Locke» (6 puntos: 3 para o comentario e 3 para a cuestión).

Fragmento (LOCKE, Ensaio sobre o goberno civil, Cap. 2, § 6): «§ 6. Pero, aínda que este sexa un estado de liberdade, non é, porén, un estado licencioso; aínda que o home neste estado teña unha incontrolada liberdade para dispoñer da súa persoa e propiedades, con todo, non ten liberdade para destruírse a si mesmo... O estado de Natureza ten unha lei da Natureza para gobernarse, a cal obriga a todo o mundo... Cada un está obrigado a preservarse a si mesmo e a non abandonar o seu posto por libre decisión, pola sinxela razón de que, cando a súa propia preservación non está en xogo, deberá, tanto como poida, preservar o resto da humanidade, e nunca, excepto para facer xustiza a un ofensor, roubar ou prexudicar a vida doutro, ou o que axude á súa preservación, liberdade, saúde, integridade ou bens.»

3.2. Explique un dos tres temas (4 puntos): 3.2.1. A orixe do cosmos na corrente presocrática. 3.2.2. Platón: antropoloxía e política. 3.2.3. Alienación e ideoloxía en Marx.

Pregunta 4
Moderna
Hume: crítica de las ideas de sustancia y causalidad

PREGUNTA 4. Responda os dous apartados:

4.1. Comente o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolva a cuestión: «Hume: crítica das ideas de substancia e causalidade» (6 puntos: 3 para o comentario e 3 para a cuestión).

Fragmento (HUME, Investigación sobre o coñecemento humano, Sección IV, Parte I): «Todos os razoamentos referentes a materias de feito parecen estar fundados na relación de causa e efecto. Por medio desa única relación podemos ir máis aló da evidencia da nosa memoria e dos nosos sentidos. (...) E neles supónse constantemente que hai unha conexión entre o feito presente e ese que se infire del. Se non houbese nada que os ligase, a inferencia sería completamente precaria. (...) Polo tanto, se quixéramos satisfacernos no referente á natureza da evidencia que nos garante as cuestións de feito, deberíamos preguntarnos como chegar ao coñecemento da causa e do efecto. Aventurareime a afirmar, como proposición xeral que non admite excepcións, que o coñecemento desta relación non se acada en ningún caso por razoamentos a priori, senón que procede da experiencia, na que achamos que uns obxectos particulares calquera están continuamente unidos entre si.»

4.2. Explique un dos tres temas (4 puntos): 4.2.1. Física e Metafísica en Aristóteles. 4.2.2. O problema Razón/Fe na Filosofía Medieval. 4.2.3. Ortega y Gasset: a razón vital.

Solución gratuitaVer más exámenes de Historia da Filosofía
Compartido0 veces

Recursos para tu selectividad PAU

Selectividad Academy

Aprueba la PAU con nota

Aprende los trucos que no vienen en los libros · Profesores especialistas en la PAU · Damos clase desde cero · Material incluido

Reservar clase gratis →