Examen resuelto de Historia de la FilosofíaOrdinaria 2023

GaliciaFilosofía100% Resuelto
Pregunta
Pregunta 1
Filosofía Antiga
Platón: Fedro (alma alada) + tema a elixir
os dous apartados:
1.1. Comente o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolva a cuestión: "Platón: antropoloxía e política". (6 puntos: 3 para o comentario e 3 para a cuestión).
Sería longo e traballoso explicar como é a alma; pero comparala con outras cousas, dicir a que se parece, iso xa é asunto humano, máis breve. Poderiamos dicir que se parece a unha forza que, como se nacesen xuntas, leva unha xugada alada e o seu auriga. Os cabalos e os aurigas dos deuses son todos bos na súa caste, mentres que a dos outros é produto dunha mestura. No que a nós respecta, hai, en primeiro lugar, un condutor que guía unha xugada de cabalos, dos que un é bo e fermoso e o outro todo o contrario, como tamén a súa orixe. O seu manexo será, polo tanto, duro e difícil. E agora, precisamente, hai que tentar dicir de ónde lle vén ó que vive a denominación de mortal e inmortal. Todo o que é alma ten da súa conta o inanimado, e percorre o ceo, ás veces tomando unha forma, outras veces outra. Se é perfecta e alada, suca as alturas e goberna no Cosmos. Pero a que perdeu as súas ás vai á deriva, ata que se aferra a algo sólido, onde se instala e se apodera dun corpo terrestre que parece moverse en virtude da forza daquela. Este composto, mestura de alma e corpo, recibe o nome de ser vivo e é por definición mortal. (...)
Consideremos a causa da perda das ás, o motivo polo que se desprenden da alma. É algo coma o seguinte: o poder natural da á é erguer o que é pesado, levándoo cara a arriba, cara ó lugar no que habitan os deuses. De todo o que ten que ver co corpo, isto é o que máis relación ten co divino. E o divino é fermoso, sabio, bo e outras cousas polo estilo. A plumaxe da alma aliméntase disto e medra con isto; pero co malo e torpe, ensómese e acaba.
(PLATÓN: Fedro, 246a-247c)
1.2. Explique un dos tres temas: (4 puntos)
1.2.1. O liberalismo político de Locke.
1.2.2. Os límites do coñecemento en Kant.
1.2.3. Alienación e ideoloxía en Marx.
Pregunta 2
Filosofía Medieval
Tomé de Aquino: Suma contra os xentís + tema a elixir
os dous apartados:
2.1. Comente o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolva a cuestión: "O problema Razón/Fe na Filosofía Medieval". (6 puntos: 3 para o comentario e 3 para a cuestión)
Malia que a citada verdade da fe cristiá exceda a capacidade da razón humana, aínda así, aquelas que son inspiradas pola razón de xeito natural, non poden ser contrarias a esta verdade. Pois o que é innato á razón por natureza é evidente que é extremadamente veraz, ata tal punto que non é posible pensar que sexa falso. E tampouco é lícito crer que é falso o que se ten a partir da fe, logo de ser confirmado de maneira tan evidente por Deus. Así pois, xa que só o falso é contrario ó verdadeiro, como se demostra claramente ó examinar as súas definicións, é imposible que a citada verdade da fe sexa contraria a estes principios que a razón coñece por natureza.
(...) E o coñecemento dos principios que nos son coñecidos por natureza foi inspirado en nós por Deus, xa que el mesmo é o autor da nosa natureza. (...) Logo, o que se obtén da revelación divina mediante a fe non pode ser contrario ó coñecemento natural.
(TOMÉ DE AQUINO: Suma contra os xentís, Libro 1, cap. 7).
2.2. Explique un dos tres temas: (4 puntos)
2.2.1. Hume: crítica das ideas de substancia e causalidade.
2.2.2. Razón e progreso na Ilustración.
2.2.3. Nietzsche: crítica da cultura occidental.
¿Te atascas con Historia de la Filosofía? Te lo explicamos en 1 hora
Primera clase gratis · Sin compromiso
Pedir clase gratis
Pregunta 3
Filosofía Moderna
Kant: Fundamentación da metafísica dos costumes + tema a elixir
os dous apartados:
3.1. Comente o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolva a cuestión: "A lei moral en Kant". (6 puntos: 3 para o comentario e 3 para a cuestión)
Deber é a necesidade dunha acción por respecto á lei.
(…)
O valor moral da acción non reside, por tanto, no efecto que dela se espera e tampouco en ningún principio da acción que precise tomar prestada a súa motivación daquel efecto esperado. (…)
Pero, que clase de lei pode ser esa cuxa representación, mesmo sen tomar en consideración o efecto que dela agardamos, ten que determinar a vontade, a fin de que esta poida chamarse boa absolutamente e sen reservas? Tendo eu desposuído á vontade de todos os estímulos que poderían afastala da observancia dunha lei calquera, nada máis resta que a conformidade a unha lei universal das accións en xeral, a cal unicamente debe servir á vontade como principio; é dicir, eu debo conducirme sempre unicamente de xeito que eu poida tamén querer que a miña máxima se torne en lei universal."
(KANT, I.: Fundamentación da metafísica dos costumes, 1.977, cap. 1).
3.2. Explique un dos tres temas: (4 puntos)
3.2.1. A orixe do cosmos na corrente presocrática.
3.2.2. Realidade e coñecemento en Platón.
3.2.3. Alienación e ideoloxía en Marx.
Pregunta 4
Filosofía Moderna
Hume: Investigación sobre o coñecemento humano + tema a elixir
os dous apartados:
4.1. Comente o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolva a cuestión: "Hume: crítica das ideas de substancia e causalidade". (6 puntos: 3 para o comentario e 3 para a cuestión).
Todos os nosos razoamentos concernentes a feitos son da mesma natureza. E neles suponse constantemente que hai unha conexión entre o feito presente e ese que se infire del. Se non houbese nada que os ligase, a inferencia sería completamente precaria. (…) Se analizamos todos os demais razoamentos desta natureza, atoparemos que están baseados na relación de causa e efecto (…).
Aventurareime a afirmar, como proposición xeral que non admite excepcións, que o coñecemento desta relación non se acada en ningún caso por razoamentos a priori, senón que procede da experiencia, na que achamos que uns obxectos particulares calquera están continuamente unidos entre si.
(HUME: Investigación sobre o coñecemento humano, Sección IV, Parte I).
4.2. Explique un dos tres temas: (4 puntos)
4.2.1. Dialéctica socrática e relativismo dos sofistas.
4.2.2. Ética e política en Aristóteles.
4.2.3. Nietzsche: crítica da cultura occidental.
Solución gratuitaVer más exámenes de Historia de la Filosofía
Compartido0 veces

Recursos para tu selectividad PAU

Selectividad Academy

Aprueba la PAU con nota

Aprende los trucos que no vienen en los libros · Profesores especialistas en la PAU · Damos clase desde cero · Material incluido

Reservar clase gratis →