Examen resuelto de Historia de la FilosofíaExtraordinaria 2024

GaliciaFilosofía100% Resuelto
Pregunta
Pregunta 1
Filosofía Antiga
Platón: antropoloxía e política + tema curto (Descartes / Locke / Arendt)
os dous apartados:
1.1. Comente o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolva a cuestión: "Platón: antropoloxía e política". (6 puntos)
-Ben. Xa vimos, segundo parece, tres calidades da cidade, e en canto á especie que resta para que a cidade alcance a excelencia cal podería ser? É evidente que a xustiza.
- (…)
- E que a xustiza consiste en facer o que é propio dun, sen meterse nas cousas alleas, é algo que nos dixemos repetidamente.
- (...)
- Ao meu parecer do que examinamo, a moderación, a valentía e a sabedoría, o que resta por ver na cidade, é o que dá a todas aquelas calidades a capacidade de nacer (...). E xa dixemos que se encontrabamos as tres, a xustiza sería a que restase.
- (...)
- Non obstante, se fose preciso discernir cal destas calidades fará á nosa cidade mellor, resultaría difícil discriminar se consiste nunha coincidencia de opinión entre os gobernantes e os gobernados, ou se é a conservación da opinión consonte á lei que hai entre os militares acerca do que debe ser temible ou non, ou a intelixencia e a vixiancia entre os gobernantes; ou iso que fai mellor á cidade consiste (...) en que cada un se ocupe do seu, sen atender ao alleo.
(PLATÓN: República, Libro IV, 432b-435c).
1.2. Explique un dos tres temas: (4 puntos)
1.2.1. Descartes: o problema do método e a evidencia do cogito.
1.2.2. O liberalismo político de Locke.
1.2.3. A crítica ao totalitarismo. A condición humana en H. Arendt.
Pregunta 2
Filosofía Antiga
Física e metafísica en Aristóteles + tema curto (Hume / Ilustración / Ortega-Zambrano)
os dous apartados:
2.1. Comente o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolva a cuestión: "Física e metafísica en Aristóteles". (6 puntos)
Feitas estas distincións, cómpre examinar as causas, cales e cantas son.
Nun sentido (1) chámase causa a ese constitutivo inherente do que se fai algo, (…).
Noutro sentido (2) é a forma e o modelo, é dicir, a definición da esencia e os seus xéneros (así a causa da octava é a relación de dous a un, e en xeral o número), e tamén as partes da definición.
E tamén (3) é aquilo de onde xorde o principio primeiro do cambio ou do repouso; así quen toma unha resolución é causa, o pai é causa do fillo, e en xeral o que fai é causa do feito e o que produce un cambio é causa do cambiado.
E aínda máis (4), é o fin, aquilo para o que é algo (…).
(ARISTÓTELES: Física, Libro II-3, 194b-195a).
2.2. Explique un dos tres temas: (4 puntos)
2.2.1. Hume: crítica das ideas de substancia e causalidade.
2.2.2. Razón e progreso na Ilustración.
2.2.3. Da "razón vital" (Ortega y Gasset) á "razón poética" (María Zambrano)
¿Te atascas con Historia de la Filosofía? Te lo explicamos en 1 hora
Primera clase gratis · Sin compromiso
Pedir clase gratis
Pregunta 3
Filosofía Moderna
Descartes: o problema do método e a evidencia do cogito + tema curto (Presocráticos / Platón / Marx)
os dous apartados:
3.1. Comente o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolva a cuestión: "Descartes: o problema do método e a evidencia do cogito". (6 puntos)
Polo tanto é ben mellor nin pensar en investigar a verdade sobre cousa ningunha que facelo sen método: pois é moi certo que os estudos desordenados e as meditacións escuras desta caste confunden a luz natural e cegan os enxeños; e aqueles que así se afagan a camiñar nas tebras a tal punto enfeblecen a agudeza dos seus ollos que, ao pouco, non poden aturar a luz do día; o cal ademais é confirmado pola experiencia, pois moi frecuentemente vemos que aqueles que nunca se dedicaron ás letras pronuncian xuízos sobre as cousas comúns e correntes con moita máis solidez e claridade que aqueles que botan a vida nas escolas. Por método entendo as regras certas e fáciles tales que, se alguén as observa rigorosamente, nunca tomará nada falso por verdadeiro e, sen gastar as forzas do seu espírito inutilmente, senón sempre aumentando o seu saber progresivamente, chegará ao verdadeiro coñecemento de todo aquilo do que sexa capaz.
(DESCARTES: Regras para a dirección do espírito, Regra IV).
3.2. Explique un dos tres temas: (4 puntos)
3.2.1. A orixe do cosmos na corrente presocrática.
3.2.2. Realidade e coñecemento en Platón.
3.2.3. Alienación e ideoloxía en Marx.
Pregunta 4
Filosofía Moderna
Hume: crítica das ideas de substancia e causalidade + tema curto (Sócrates-Sofistas / Razón-Fe / Nietzsche)
os dous apartados:
4.1. Comente o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolva a cuestión: "Hume: crítica das ideas de substancia e causalidade". (6 puntos).
(...) A idea de substancia, se é que existe, debe logo derivarse das impresións de reflexión. Pero as impresións de reflexión divídense nas nosas paixóns e emocións, ningunha das cales é posible que represente unha substancia. Polo tanto, non temos ningunha idea de substancia distinta dunha colección de cualidades particulares, nin nos referimos a outra cousa cando falamos ou razoamos sobre ela.
A idea de substancia, así como a de modo, non é senón unha colección de ideas simples reunidas pola imaxinación e que teñen un nome particular asignado, polo cal somos capaces de recuperar, para nós mesmos ou para outros, ese conxunto. Pero a diferenza entre estas ideas consiste nisto: que as cualidades particulares que forman a substancia se refiren normalmente a un algo descoñecido, ao cal son supostamente inherentes; ou aceptando que esta ficción non se produza, polo menos suponse que están conectadas de xeito próximo e indisoluble polas relacións de contigüidade e causalidade.
(HUME: Tratado da natureza humana; Libro I, Parte I, Sec VI).
4.2. Explique un dos tres temas: (4 puntos)
4.2.1. Dialéctica socrática e relativismo dos sofistas.
4.2.2. O problema Razón/Fe na Filosofía Medieval.
4.2.3. A crítica á cultura Occidental en Nietzsche: nihilismo e transvaloración.
Solución gratuitaVer más exámenes de Historia de la Filosofía
Compartido0 veces

Recursos para tu selectividad PAU

Selectividad Academy

Aprueba la PAU con nota

Aprende los trucos que no vienen en los libros · Profesores especialistas en la PAU · Damos clase desde cero · Material incluido

Reservar clase gratis →