Examen resuelto de Historia de la FilosofíaOrdinaria 2024

GaliciaFilosofía100% Resuelto
Pregunta
Pregunta 1
Filosofía Antiga
Platón: Mito da caverna (República VII) + tema a escoller
os dous apartados:
1.1. Comente o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolva a cuestión: "Realidade e coñecemento en Platón". (6 puntos)
«Imaxina homes nunha especie de morada subterránea en forma de caverna, cunha longa entrada aberta, en toda a súa extensión, á luz e imaxina que están alí dende nenos coas pernas e o pescozo encadeados de maneira que teñen que permanecer alí e mirar unicamente cara adiante, pois as cadeas impídenlles xirar a cabeza. Máis lonxe a luz dun lume que arde máis arriba, detrás deles e entre o lume e os encadeados un camiño máis alto; e ao longo do camiño imaxina que foi construído un muro (...).
— (...)
— Considera, agora, que pasaría se fosen liberados das súas cadeas e curados da súa ignorancia, (...) que un deles fose ceibado e obrigado a levantarse, a volver o pescozo, a camiñar e a mirar cara á luz e que, ao facer isto, sufrise e que a causa do escintileo da luz non fose quen de percibir aquelas cousas das que ata entón vía sombras.
— (...)
— E se fose forzado a mirar á luz mesma, non cres que lle doerían os ollos e que fuxiría virando cara ao que pode contemplar e que crería que estas son máis claras que as que se lle amosan?
— (…)
— Pois ben, meu querido Glaucón, esa imaxe debémola aplicar totalmente ao dito anteriormente; hai que comparar a rexión que se manifesta por medio da vista coa morada do cárcere e esa luz do lume co poder do sol; compara o ascenso ao mundo de arriba e a contemplación das cousas deste coa ascensión da alma á rexión do intelixible e non errarás respecto do que espero que é o que ti desexas oír. (…) O que a min me parece é que no mundo intelixible o último que se percibe, e con dificultade, é a idea do ben, pero, unha vez percibida, hai que colixir que é a causa de todo o recto e fermoso que hai en todas as cousas e que no mundo visible xerou a luz e ao señor desta e que no mundo intelixible xerou a verdade e o coñecemento.»
(PLATÓN: República, Libro VII, 514a-517b).
1.2. Explique un dos tres temas: (4 puntos)
1.2.1. O liberalismo político de Locke.
1.2.2. Os límites do coñecemento en Kant.
1.2.3. O desenvolvemento contemporáneo do feminismo: Simone de Beauvoir.
Pregunta 2
Filosofía Antiga
Aristóteles: Ética a Nicómaco I + tema a escoller
os dous apartados:
2.1. Comente o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolva a cuestión: "Ética e política en Aristóteles". (6 puntos)
«2.- Pois se existe algún fin dos nosos actos que queiramos por el mesmo, e os demais por causa del, e se nada do que eliximos depende doutra cousa –pois así chegaríase ao infinito e dese xeito o desexo sería baleiro e inútil-, ese fin evidentemente sería o bo e o mellor. (…) De ser así, hai que intentar comprender en liñas xerais cal é e a cal das ciencias ou facultades corresponde. Podería parecer que será o da principal e máis eminente. E evidentemente esta é a política. Pois ela dispón que ciencias se precisan nas cidades e cales ten que aprender cada un e ata que punto. (…)
4.- Xa que todo coñecemento e toda elección tenden a algún ben, retomemos o asunto e digamos cal é aquel ao que tende a política e cal é o ben supremo de todos os que se poden facer. Sobre o seu nome case todo o mundo está de acordo, pois tanto o común da xente como os distinguidos dinlle "felicidade" e sosteñen que "vivir ben" e "obrar ben" é a mesma cousa ca "ser feliz".»
(ARISTÓTELES: Ética a Nicómaco, Libro I, 1094a-1094b).
2.2. Explique un dos tres temas: (4 puntos)
2.2.1. Hume: crítica das ideas de substancia e causalidade.
2.2.2. Razón e progreso na Ilustración.
2.2.3. Da "razón vital" (Ortega y Gasset) á "razón poética" (María Zambrano).
¿Te atascas con Historia de la Filosofía? Te lo explicamos en 1 hora
Primera clase gratis · Sin compromiso
Pedir clase gratis
Pregunta 3
Filosofía Moderna
Kant: Crítica da Razón Pura (Introdución) + tema a escoller
os dous apartados:
3.1. Comente o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolva a cuestión: "Os límites do coñecemento en Kant". (6 puntos)
«De que o noso coñecemento comeza coa experiencia, diso non hai dúbida; pois, por que outro medio ía espertar a facultade de coñecer para o seu exercicio como non fose polos obxectos que tocan os nosos sentidos, que por unha banda provocan por si mesmos representacións e, por outra, poñen en movemento a nosa actividade intelectiva para comparalas, ligalas ou separalas, transformando deste xeito a materia bruta das impresións sensibles en coñecemento dos obxectos que chamamos experiencia? Non hai, pois, na orde do tempo, ningún coñecemento que preceda en nós á experiencia e con ela comeza todo coñecemento.
Pero, aínda cando todo o noso coñecemento comece coa experiencia, non por iso todo el procede exactamente da experiencia (…). Tal coñecemento denomínase a priori e distínguese do empírico, o cal ten as súas fontes a posteriori, é dicir, na experiencia.»
(KANT: Crítica da Razón Pura).
3.2. Explique un dos tres temas: (4 puntos)
3.2.1. A orixe dos cosmos na corrente presocrática.
3.2.2. Platón: antropoloxía e política.
3.2.3. Alienación e ideoloxía en Marx.
Pregunta 4
Filosofía Moderna
Hume: Investigación sobre o coñecemento humano (Sec. IV) + tema a escoller
os dous apartados:
4.1. Comente o fragmento proposto e, a partir do comentario, desenvolva a cuestión: "Hume: crítica das ideas de substancia e causalidade". (6 puntos)
«E neles suponse constantemente que hai unha conexión entre o feito presente e ese que se infire del. Se non houbese nada que os ligase, a inferencia sería completamente precaria. (…). Se analizamos todos os demais razoamentos desta natureza, atoparemos que están baseados na relación de causa e efecto, e que esta relación pode ser próxima ou remota, directa ou colateral. (…)
Polo tanto, se quixeramos satisfacernos no referente á natureza da evidencia que nos garante as cuestións de feito, deberiamos preguntarnos como chegar ao coñecemento da causa e do efecto.
Aventurareime a afirmar, como proposición xeral que non admite excepcións, que o coñecemento desta relación non se acada en ningún caso por razoamentos a priori, senón que procede da experiencia, na que achamos que uns obxectos particulares calquera están continuamente unidos entre si.»
(HUME: Investigación sobre o coñecemento humano, Sección IV, Parte I).
4.2. Explique un dos tres temas: (4 puntos)
4.2.1. Física e Metafísica en Aristóteles.
4.2.2. O problema Razón/Fe na Filosofía Medieval.
4.2.3. A crítica á cultura Occidental en Nietzsche: nihilismo e transvaloración.
Solución gratuitaVer más exámenes de Historia de la Filosofía
Compartido0 veces

Recursos para tu selectividad PAU

Selectividad Academy

Aprueba la PAU con nota

Aprende los trucos que no vienen en los libros · Profesores especialistas en la PAU · Damos clase desde cero · Material incluido

Reservar clase gratis →