Examen resuelto de Historia de la FilosofíaExtraordinaria 2025

GaliciaFilosofía100% Resuelto
Pregunta
Pregunta 1
Filosofía Política Moderna
Disertación: «Estado: liberdade e contractualismo» (Locke e a Constitución española)
Ten vostede, grazas aos seus coñecementos filosóficos, o seu primeiro contrato de prácticas na «Fundación: Filosofía social e Comunicación» destinada principalmente a divulgar a actualidade e vixencia do pensamento dos grandes filósofos/as. O seu xefe entrégalle o seguinte fragmento do coñecidísimo e sempre actual documento público: a Constitución española. Respecto diso, pídelle a vostede que prepare unha disertación para o Boletín mensual da Fundación. Vostede lembra ben a filosofía de Locke, a súa concepción do Estado e as súas consideracións sobre os réximes políticos (liberdade natural, sociedade civil, dereito, absolutismo e contractualismo) e a súa soada cita: «Aínda que o estado natural sexa un estado de liberdade, non o é de licenza». Relacióneo co documento e elabore esa disertación que lle solicitaron co título: «Estado: liberdade e contractualismo». Extensión máxima: 20 liñas. (2 puntos)
Documento: Constitución española.
Preámbulo: A nación española, desexando que se estableza a xustiza, a liberdade e a seguridade e que se promova o ben de cantos a integran, no uso da súa soberanía, proclama a súa vontade de: (…) Consolidar un Estado de Dereito que asegure o imperio da lei como expresión da vontade popular.
Artigo 1: punto 2: A soberanía nacional reside no pobo español, do que emanan os poderes do Estado.
Artigo 9: punto 2.- Correspóndelles aos poderes públicos promoveren as condicións para a liberdade e a igualdade do individuo (…).
Artigo 66: punto 2.- As Cortes Xerais exercen a potestade lexislativa do Estado.
Pregunta 2
Comentario de Texto Filosófico
Comentario de texto: Platón, República VI 509c-511e (Cosmos, realidade e coñecemento)
2.1. Lea detidamente este texto referido a «Cosmos, realidade e coñecemento en Platón (do mito ao logos)». Elabore un comentario filosófico explicando o seu contexto, tema central, ideas principais e conceptos clave. (4 puntos)
—Toma agora unha liña dividida en dúas seccións desiguais e de novo corta estas dúas partes, segundo a mesma proporción, a da especie que é visible e da que é intelixible, e terás a claridade e a escuridade en relación a ambas, na visible atoparás unha sección de imaxes. Doulle o nome de imaxes, en primeiro lugar, ás sombras, e despois aos reflexos na auga e en todo canto se constitúe como compacto, liso e brillante, e, se me entendes, a todo o semellante a iso.
—(…).
—Verdadeiramente estarías disposto a declarar que a liña quedou dividida en canto á súa verdade e non verdade, de modo tal que o opinable é ao cognoscible como o é a copia respecto do que é copiado?
—Por suposto que si.
—Pois considera agora se tamén hai que dividir a sección do intelixible.
—E como?
—Deste modo: por un lado, a alma, servíndose das cousas antes imitadas como se fosen imaxes, vese obrigada a buscar a partir de hipóteses e non se dirixirá a un principio, senón a unha conclusión. E, por outra parte, avanza ata un principio absoluto, partindo de hipóteses e sen imaxes, facendo o camiño coas ideas mesmas e por medio delas.
—(...) Comprendo que ao que te refires é á xeometría e ciencias irmás.
—Comprende, entón, a outra parte do intelixible, cando digo que iso a razón mesma alcánzao co seu poder dialéctico, facendo hipóteses non como principios, senón como hipóteses reais, que son puntos de apoio e de partida para levala ao principio de todo ata o absoluto. Unha vez alcanzado ese principio, dedicándose de novo ás cousas que dependen dela, descenderá ata a conclusión, sen servirse en absoluto de nada sensible, senón das ideas mesmas, a través delas cara a elas mesmas, rematando con ideas.
—(...)
—Comprendiches perfectamente. Aplica a esas catro seccións catro afeccións que se xeran na alma: intelixencia, á máis elevada; pensamento discursivo, á segunda; á terceira, a crenza; e á última, a conxectura; ordénaas segundo unha proporción, pensando que canto máis participen da verdade, tanto máis participan da claridade. PLATÓN: República, Libro VI, 509c-511e.
2.1
Platón: alegoría da liña dividida
¿Te atascas con Historia de la Filosofía? Te lo explicamos en 1 hora
Primera clase gratis · Sin compromiso
Pedir clase gratis
Pregunta 3
Filosofía Contemporánea / Política
A crítica ao totalitarismo. A condición humana en H. Arendt
3.1. Tendo en conta afirmacións como: «A igualdade (...) non nos vén dada, senón que é o resultado da organización humana» ou «a liberdade é a razón de ser da política», explique o problema fundamental na cuestión: «A crítica ao totalitarismo. A condición humana en H. Arendt». (3 puntos)
3.1
Arendt: totalitarismo e condición humana
Pregunta 4
Conceptos Filosóficos
Conceptos: Racionalismo / Empirismo (clasificación e definición)
4.1. Discrimine en dúas columnas os seguintes conceptos, atendendo aos sistemas filosóficos que refiren: (0,5 puntos)
res cogitans / Empirismo / experiencia / método / causalidade / Racionalismo / evidencia.
4.2. Responda un destes dous subapartados:
4.2.1. Defina, en non máis de tres liñas, o concepto: res cogitans. (0,5 puntos)
4.2.2. Defina, en non máis de tres liñas, o concepto: Empirismo. (0,5 puntos)
4.1
Clasificación en dúas columnas
4.2.1
Definición: res cogitans
Solución gratuitaVer más exámenes de Historia de la Filosofía
Compartido0 veces

Recursos para tu selectividad PAU

Selectividad Academy

Aprueba la PAU con nota

Aprende los trucos que no vienen en los libros · Profesores especialistas en la PAU · Damos clase desde cero · Material incluido

Reservar clase gratis →