Examen resuelto de Historia de la FilosofíaOrdinaria 2025

GaliciaFilosofía100% Resuelto
Pregunta
Pregunta 1
Filosofía contemporánea
Filosofía e funcións: actualidade e utilidade — Feminismo: segundo sexo?
Traballa Vostede como autor/a para unha Web de divulgación de contidos filosóficos chamada "pensando onte para hoxe". O director de contidos remítelle uns fragmentos públicos da sempre actual "Vindicación dos dereitos da muller" para que Vostede prepare unha divulgativa disertación acerca da actualidade desta cuestión. Vostede lembra ben a filosofía contemporánea de Simone de Beauvoir, a súa concepción do "xénero" e do "segundo sexo" e as súas ideas sobre o feminismo, así como tamén a súa soada cita: «O feminismo é un xeito de vivir individualmente e de loitar colectivamente». Relacione isto co documento facilitado e faga a disertación que lle piden co título: «Feminismo: segundo sexo?». Extensión máxima: 20 liñas. (2 puntos)
Documento: Vindicación dos dereitos da muller (Mary Wollstonecraft):
Irmás, sede verdade sodes modestas, debedes lembrar que posuír calquera virtude é incompatible coa ignorancia e a vaidade! ¡Tendes que adquirir a sobriedade mental que unicamente inspira o cumprimento das obrigas e a busca de coñecemento, porque do contrario permaneceredes nunha situación dependente, de dúbida, e só seredes amadas mentres sigades fermosas! (…). Mais, para facer a muller realmente virtuosa e útil, se cumpre cos seus deberes civís, non debe faltarlle como individuo a protección das leis civís; non debe depender para a súa subsistencia da liberalidade do marido mentres estea vivo, ou do seu apoio unha vez morto, porque, como pode ser xeneroso un ser que non ten nada de seu, ou ser virtuoso quen non é libre?
Pregunta 2
Comentario de texto filosófico
Comprensión e expresión: comentario de texto filosófico (elixir 2.1 ou 2.2)
ÓN E EXPRESIÓN: COMENTARIO DE TEXTO FILOSÓFICO. (4 puntos)
Responda un destes dous apartados:
2.1. Lea detidamente este texto referido a «Cosmos, realidade e coñecemento en Platón (do mito ao logos)». Elabore un comentario filosófico explicando o seu contexto, tema central, ideas principais e conceptos clave. (4 puntos)
[Texto: alegoría da caverna, República Libro VII, 514a-517c, edición Gredos.]
2.2. Lea detidamente este texto referido a «Hume: crítica das ideas de substancia e causalidade». Elabore un comentario filosófico explicando o seu contexto, tema central, ideas principais e conceptos clave. (4 puntos)
[Texto: Investigación sobre o coñecemento humano, Sección IV: Dúbidas escépticas acerca das operacións do entendemento, Biblioteca Nueva 2.002, pp. 90-91.]
¿Te atascas con Historia de la Filosofía? Te lo explicamos en 1 hora
Primera clase gratis · Sin compromiso
Pedir clase gratis
Pregunta 3
Aproximación á Historia da Filosofía
Aproximación á Historia da Filosofía (elixir 3.1 ou 3.2)
ÓN Á HISTORIA DA FILOSOFÍA. (3 puntos)
Responda un destes dous apartados:
3.1. Tendo en conta afirmacións como: «Penso, logo existo» ou «supoñamos que todas as cousas que vexo son falsas», explique o problema fundamental na cuestión: «Descartes: o método científico e a evidencia do cogito». (3 puntos)
3.2. Tendo en conta afirmacións como: «O home é por natureza un animal político» ou «que a xustiza é ordenación da comunidade política», explique o problema fundamental na cuestión: «Ética antirelativista e política en Aristóteles». (3 puntos)
Pregunta 4
Conceptos filosóficos
Conceptos filosóficos: discriminación e definición
FILOSÓFICOS. (1 punto)
Responda estes dous apartados:
4.1. Discrimine en dúas columnas os seguintes conceptos, atendendo aos sistemas filosóficos que refiren: (0,5 puntos)
Poder lexislativo / goberno civil / Vitalismo / Nihilismo / contractualismo / superhumano / transvaloración.
4.2. Responda un destes dous subapartados:
4.2.1. Defina, en non máis de tres liñas, o concepto: contractualismo. (0,5 puntos)
4.2.2. Defina, en non máis de tres liñas, o concepto: vitalismo. (0,5 puntos)
Solución gratuitaVer más exámenes de Historia de la Filosofía
Compartido0 veces

Recursos para tu selectividad PAU

Selectividad Academy

Aprueba la PAU con nota

Aprende los trucos que no vienen en los libros · Profesores especialistas en la PAU · Damos clase desde cero · Material incluido

Reservar clase gratis →