Examen resuelto de GeografíaExtraordinaria 2025

GaliciaXeografíaPAU 2025 Extraordinaria100% Resuelto
Pregunta
Pregunta 1
2,5 puntos
Sustentabilidade do medio físico
A sustentabilidade do medio físico — Bardenas Reales e desertificación en España

PREGUNTA 1. A SUSTENTABILIDADE DO MEDIO FÍSICO EN ESPAÑA. (2,5 puntos)

Analice o seguinte texto:

"Máis de dous terzos de España sofren falta de choivas e altas temperaturas a lombos dunha imparable crise climática que a velocidade endiañada está a poñer o planeta patas arriba. Pola súa culpa, entre o 75 e 80% do territorio español atópase en risco de desertificación. Sobreexplotando acuíferos, degradando terras, queimando bosques, estamos a favorecer o avance de feos territorios desérticos, ecoloxicamente moi pobres, ambientalmente baleiros. Haberá que ir acostumándose a estas paisaxes tan secas. Bardenas é o deserto máis grande de Europa, case nada. Con 45 km de lonxitude e 24 de anchura, son máis de 40.000 hectáreas de secarrais que se estenden polos vales do Ebro e do Aragón, entre Tudela e Ejea de los Caballeros". (César J. Palacios Palomar: Cata de paisajes por España. Ed. Anaya Touring, 2.024).

Figura 1: Bardenas Reales (Navarra). Fonte: turismobardenas.com — fotografía dunha paisaxe semiárida con cárcavas e relevos arxilosos. Figura 2: Mapa de risco de desertificación en España. Fonte: IGN — mapa corocromático que clasifica o territorio en categorías (Muy alto, Alto, Medio, Bajo, Zonas no contempladas).

A actividade humana está facendo que grandes zonas do planeta se degraden a un ritmo acelerado, e corran o risco de converterse en novos desertos onde antes había vexetación. España é un dos exemplos máis preocupantes no mundo. Segundo os programas de Accións Nacionais da Convención das Nacións Unidas de Loita contra a Desertificación, preto do 74% de España está en risco de desertificación e o 18% en alto risco de converterse nun deserto de forma irreversible. Aínda así, hai paisaxes naturais que teñen unha semellanza con espazos desérticos. A partir do texto e das figuras 1 e 2, redacte un informe para explicar a paisaxe natural que se presenta na imaxe, xunto coas formas de modelado e clima propios dese espazo; inclúa tamén as áreas da Península Ibérica con maior risco de desertificación e os motivos deste; pode aludir aos riscos derivados do cambio climático global en España, país con forte risco de desertificación. Tente adaptarse a unha lonxitude aproximada de 300 palabras. (2,5 puntos)

Pregunta 2A
2,5 puntos
Sector terciario — turismo rural
Turismo rural — actividade económica, provincias, características e repercusións

PREGUNTA 2. SECTOR TERCIARIO. OS ESPAZOS TERCIARIZADOS. (2,5 puntos)

Observe o mapa e a imaxe e responda un destes dous apartados:

Figura 3: Mapa "Aloxamento Turismo rural 2.023". Fonte: elaboración propia. Mapa corocromático con cinco rangos de ocupación (37k, 66k, 94k, 122k e máximos), distribuídos por provincias españolas. Figura 4: Casa de turismo rural típica galega, con muros de pedra, balcón de madeira e xardín. Fonte: http://calidadrural.com.

2.1. Identifique a actividade económica representada na figura 4. Sinale cinco provincias cunha ocupación entre 66.000 e 94.000. Indique as características desta actividade. Comente as repercusións na paisaxe e na economía. (2,5 puntos)

¿Te atascas con Geografía? Te lo explicamos en 1 hora
Primera clase gratis · Sin compromiso
Pedir clase gratis
Pregunta 2B
2,5 puntos
Sector terciario — turismo
Importancia do turismo en España, tipos e problemáticas actuais

2.2. Explique a importancia do turismo en España, os tipos existentes e as problemáticas actuais. (2,5 puntos)

Pregunta 3A
2,5 puntos
España en Europa — demografía
Densidade demográfica da UE 2021 (banana azul) e contrastes en España

PREGUNTA 3. ESPAÑA EN EUROPA. (2,5 puntos)

Observe a figura 5 e responda un destes dous apartados:

Figura 5: POBOACIÓN E ÍNDICE DE AVELLENTAMENTO NA UE. Mapa de figuras (puntos proporcionais) que sinala a distribución da poboación (2.021, en habitantes, en círculos de tamaño proporcional dende menos de 200.000 ata 12,3 millóns) e o índice de avellentamento (relación poboación maior de 65 anos / menor de 15 anos en 2.021, gradación de cor de amarelo a vermello escuro). UE-27: 1,4. Inclúe rexións ultraperiféricas só representadas (Canarias e Madeira). Fonte: Eurostat. Cartografía: IGN.

3.1. A partir da Figura 5, identifique o tipo de documento e a fonte; as áreas de maior densidade demográfica da UE en 2.021 (despois do Brexit) e explique as causas que a xustifican; explique as diferenzas principais de densidade de poboación en España e as súas causas. (2,5 puntos)

📊
Calcula tu nota de selectividad
Nuestra calculadora te dice si llegas a la nota de corte
Ir a la calculadora
Pregunta 3B
2,5 puntos
España en Europa — inmigración
Importancia e impacto da inmigración en España en tempos recentes

3.2. Comente a importancia e impacto da inmigración en España en tempos recentes. (2,5 puntos)

Pregunta 4
2,5 puntos(0,5 por concepto)
Vocabulario xeográfico
Vocabulario xeográfico específico (5 dos 10 conceptos resaltados)

PREGUNTA 4. VOCABULARIO XEOGRÁFICO ESPECÍFICO. (2,5 puntos)

Defina cinco dos dez conceptos resaltados no seguinte texto. Pode achegar, se procede, un exemplo significativo da España actual. (0,5 puntos por concepto)

As Comunidades Autónomas empregaron os fondos estruturais europeos para impulsar o desenvolvemento económico e reducir a fenda dixital. Na España interior, en especial en amplas zonas da meseta, a poboación activa enfronta desafíos moi importantes debido ao inverno demográfico. Para tentar mitigalos inténtase potenciar a economía local vencellada ao medio rural tralos procesos de deslocalización industrial, incentivando denominacións de orixe, explotacións agrogandeiras e desenvolvendo a silvicultura (alí onde a aridez o permite), converténdose en actividades clave para a sustentabilidade económica e social. (Fonte: Grupo de Traballo Xeografía CIUG. 2.025).

Solución gratuitaVer más exámenes de Geografía
Compartido0 veces

Recursos para tu selectividad PAU

Selectividad Academy

Aprueba la PAU con nota

Aprende los trucos que no vienen en los libros · Profesores especialistas en la PAU · Damos clase desde cero · Material incluido

Reservar clase gratis →