Examen resuelto de Geografía — Ordinaria 2025
PREGUNTA 1. A SUSTENTABILIDADE DO MEDIO FÍSICO EN ESPAÑA. (2,5 puntos)
Analice a seguinte nova e as imaxes:
"O fenómeno meteorolóxico da DANA ou gota fría é propio do outono na zona mediterránea da Península Ibérica e supón graves consecuencias. As intensas choivas, treboadas e fortes ventos xeran inundacións, danos nas infraestruturas, cortes de comunicación e alteracións en servizos públicos, afectando negativamente á economía. Especialmente na Comunidade Valenciana, as precipitacións son extremadamente violentas cada ano." (eldiario.es 4/09/2.023)
Figura 1: mapa sinóptico de superficie de AEMet (MAPA PREVISTO DE SUPERFICIE H+12, elaborado o 28/10/2.024 a 12 UTC, previsto para o 29/10/2.024 a 00 UTC) coa baixa presión sobre o sueste peninsular, fronte cálida e fría sobre o Levante e anticiclón ao NW de Iberia. Figura 2 (Fonte: Copernicus, Axencia Espacial Europea): imaxes de satélite das áreas próximas a Valencia e a Albufera os días 8 outubro 2.024 e 30 outubro 2.024, mostrando o cambio territorial tras a DANA. Figura 3 (Fonte: Diario Levante): fotografía dunha urbanización con coches amontoados destrozados pola riada.
Coa información que se achega, correspóndelle a vostede meterse na pel dun/ha "home/muller do tempo" de TVE e explicarnos a situación sinóptica que temos, xunto coas súas consecuencias meteorolóxicas previstas en Galicia e no Levante español, ademais de identificar a situación meteorolóxica prevista e informar sobre as súas consecuencias a nivel territorial. Non esqueza facer referencia á información que achegan todos os documentos, tratando de axustar a 300 palabras aproximadamente o seu texto.
PREGUNTA 2. ORDENACIÓN DO TERRITORIO NO ENFOQUE ECOSOCIAL. A POBOACIÓN ESPAÑOLA: ANÁLISE DA SÚA ESTRUTURA E DESEQUILIBRIOS. (2,5 puntos)
Observe o mapa e responda un destes dous apartados:
Figura 4: "A inmigración en España, lugar de residencia segundo o lugar de nacemento predominante". Fonte: Álvaro Merino, El Orden Mundial (2.024). Datos: INE (2.022). Mapa de puntos proporcionais a nivel municipal con tres categorías por orixe (América = vermello; Europa = azul; África = verde). Total de nacidos no estranxeiro representado en círculos de 1.000 a 800.000.
2.1. Identifique o tipo de documento e analice o fenómeno da inmigración en canto á súa evolución dende os anos 90 ata a actualidade, a súa procedencia e distribución espacial. (2,5 puntos)
2.2. Explique as consecuencias demográficas, económicas e sociais da inmigración, así como a política migratoria española. (2,5 puntos)
PREGUNTA 3. SECTOR TERCIARIO. OS ESPAZOS TERCIARIZADOS.
Observe as imaxes e responda un destes dous apartados:
Figura 5: Manga do Mar Menor. Fonte: Diario 16 mediterráneo. Comparación de dúas fotografías panorámicas: a esquerda en branco e negro mostra o espazo natural orixinal (anos 60); a dereita en cor mostra a urbanización actual masificada con bloques residenciais ao longo da franxa de area que separa o Mar Menor do Mediterráneo.
3.1. Explique o tipo de turismo que recolle a figura 5 e a súa posible localización, analice tamén o deterioro dos elementos ambientais deste espazo, co propósito de propoñer un modelo turístico alternativo. (2,5 puntos)
3.2. Analice diferentes repercusións a nivel local do tipo de turismo que se relaciona coa imaxe (demográficas, económicas, sociolóxicas, na ordenación do territorio, ambientais…) e explique en que consiste a "turismofobia" e as posibles causas do seu crecemento. (2,5 puntos)
PREGUNTA 4. VOCABULARIO XEOGRÁFICO ESPECÍFICO. (2,5 puntos)
Defina cinco dos dez conceptos resaltados no seguinte texto. Pode achegar, se procede, un exemplo significativo da España actual. (0,5 puntos por concepto)
Nos tempos actuais de cambios globais, tanto o G20 coma os BRICS están a desempeñar un papel fundamental na economía mundial. Ao mesmo tempo, a Industria 4.0 está cambiando a produción e a loxística tradicionais, mellorando a eficiencia e fomentando a innovación. No ámbito urbano, conceptos como a cidade de 15 minutos e a cidade difusa gañan terreo, promovendo a sustentabilidade e unha mellor calidade de vida. No sector agrícola, o Fondo Europeo de Garantía Agraria (FEAGA) proporciona apoio aos agricultores europeos, promovendo o desenvolvemento rural. Ademais, a xestión adecuada dos acuíferos é esencial para garantir o subministro de auga nas zonas agrícolas. Por outra banda, a tecnoloxía de desalgadora parece crucial para afrontar a escaseza de auga en moitas rexións. Finalmente, a AMOC (Atlantic Meridional Overturning Circulation) é unha compoñente esencial do sistema climático global, cuxa estabilidade é vital para manter o seu equilibrio. Neste contexto, o monitoreo de Isóbaras axuda a entender e predicir os patróns climáticos e os seus posibles impactos. (Fonte: Grupo de Traballo Xeografía CIUG. 2.025).
Recursos para tu selectividad PAU
selectividad.academy
Academia líder en selectividad PAU online
Guía definitiva PAU 2026
Todo sobre la PAU: fechas, estructura y consejos
Calculadora nota PAU — Gratis
Calcula tu nota de admisión en 30 segundos
Temario selectividad gratis
Qué entra en cada asignatura y dónde ha caído
Nuestras asignaturas
Clases con profesor especialista en la PAU
Selectividad Academy
Aprueba la PAU con nota
Aprende los trucos que no vienen en los libros · Profesores especialistas en la PAU · Damos clase desde cero · Material incluido
Reservar clase gratis →