Saltar al contenido

Examen resuelto de Historia de España — Extraordinaria 2020

GaliciaHistoria100% Resuelto
Pregunta
Pregunta 1
Termos e tema curto
Definicións de termos e tema a desenvolver
RESPONDA OS DOUS APARTADOS SEGUINTES: 1.1. Defina brevemente catro dos oito termos (0,5 puntos por definición): 1. Economía predadora, 2. Mozárabe, 3. Xuntas do Reino de Galicia, 4. Desamortización, 5. Ludismo, 6. Sistema de quenda, 7. Fronte Popular, 8. Lexión Cóndor. 1.2. Desenvolva un dos catro temas: 1.2.1. Os pobos prerromanos da Península Ibérica (3 puntos). 1.2.2. Reconquista e repoboación (3 puntos). 1.2.3. Os Decretos de Nova Planta e os seus efectos (3 puntos). 1.2.4. O reformismo borbónico en Galicia (3 puntos).
Pregunta 2
Composición histórica con textos
As Cortes de Cádiz e a Constitución de 1812
ELABORE UNHA COMPOSICIÓN HISTÓRICA A PARTIR DOS TEXTOS PROPOSTOS. Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre as Cortes de Cádiz e a constitución de 1812. Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debe atender cando menos ás razóns para a convocatoria das Cortes en Cádiz, ás características dos deputados e aos aspectos esenciais da Constitución de 1812. (5 puntos). Doc. 1: Declaración da constitución das Cortes, 24 de setembro de 1810. Doc. 2: Composición social dos diputados das Cortes de Cádiz (Quintí Casals). Doc. 3: Título I da Constitución de Cádiz «Da Nación española e dos españois» (artigos 1-4).
✓
¿Te atascas con Historia de España? Te lo explicamos en 1 hora
Clase particular · Sin compromiso
Pedir clase
Pregunta 3
Composición histórica con textos
A Primeira República (1873-1874)
ELABORE UNHA COMPOSICIÓN HISTÓRICA A PARTIR DOS TEXTOS PROPOSTOS. Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre a Primeira república. Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debe atender cando menos ao establecemento da república, aos problemas aos que debeu enfrontarse, con especial atención ao movemento cantonal, así como ás características básicas do proxecto de Constitución federal. (5 puntos). Doc. 1: Discurso de Emilio Castelar nas Cortes a véspera da proclamación da República. Doc. 2: Proxecto de Constitución federal da república española, 17 de xuño de 1873 (artigos 39, 41, 42, 43). Doc. 3: Manifesto da Xunta Revolucionaria de Cartaxena, 12 de xullo de 1873.
Pregunta 4
Composición histórica con textos
As formas de oposición ao franquismo
ELABORE UNHA COMPOSICIÓN HISTÓRICA A PARTIR DOS TEXTOS PROPOSTOS. Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre as formas de oposición ao franquismo. Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debe atender cando menos ás identidades, aos obxectivos e ás actividades desenvolvidas por diversos sectores opositores ao longo da existencia do réxime. (5 puntos). Doc. 1: O guerrilleiro Francisco Rey lembra o movemento dos anos 40. Doc. 2: Sentenza do Consello de Guerra 650/59 contra a Agrupación Socialista Universitaria de Valencia, 3 de agosto de 1959. Doc. 3: Proxecto de resolución do Congreso do Movemento Europeo en Múnic, 7-8 de xuño de 1962.
🧠Practica Historia de España gratis con preguntas tipo testHacer quiz
Solución gratuitaVer más exámenes de Historia de España
Compartido446 veces

Recursos para tu selectividad PAU

Selectividad Academy

Aprueba la PAU con nota

Aprende los trucos que no vienen en los libros · Profesores especialistas en la PAU · Damos clase desde cero · Material incluido

Pedir clase →