Examen resuelto de Historia de España — Extraordinaria 2024
PREGUNTA 1. Responda os dous apartados seguintes:
1.1. Defina brevemente catro dos oito termos: (2 puntos)
1. Gran Armada, 2. Antigo Réxime, 3. Afrancesados, 4. Cantonalismo, 5. Sistema de quenda, 6. Directorio Militar, 7. Fronte Popular, 8. Sindicato Vertical.
1.2. Desenvolva un dos catro temas: (3 puntos)
1.2.1. A configuración do imperio español no século XVI.
1.2.2. A crise do século XVII: aspectos socioeconómicos e políticos.
1.2.3. Os Decretos de Nova Planta e os seus efectos.
1.2.4. O reformismo borbónico en Galicia.
PREGUNTA 2. Elabore unha composición histórica a partir dos textos propostos.
Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre a restauración de Fernando VII. Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debe atender cando menos á política seguida polo monarca tras o seu retorno a España, á delimitación temporal e ás características principais das etapas do seu reinado. (5 puntos)
Doc. 1. O xornal La Atalaya describe o sucedido en Burgos tras anularse a Constitución, 18/05/1.814:
«Xa non podemos ver máis ca felicidades cun Rei tan Santo: en nada cremos que vai desmerecer a San Fernando (...). Xunto o pobo coa tropa, e a cousa das dez da mañá, arrincáronse do Consistorio as letras douradas que dicían: Praza da Constitución, fíxose unha fogueira e lanzáronse ás chamas coa mesma Constitución e outros papeis dos liberais, cunha xeral aclamación (...). O pobo, xunto coa tropa, comezaron coa maior orde a prender a varios suxeitos (...). Sacouse en público o estandarte da Santa Inquisición e nada sucedeu en desgraza».
Doc. 2. Informe remitido ao ministro da Guerra desde Cádiz, Gaceta de Madrid, 21/3/1.820:
«Excmo. Sr. Todo o día de hoxe ocupeime en tranquilizar os ánimos exaltados da tropa e parte da oficialidade, que dubidan moito da certeza dos Reais decretos de 6 e 7 do actual (...) relativos á reunión de Cortes o primeiro, e decidirse a xurar o Rei o noso Señor a Constitución política da Monarquía no segundo, recibindo esta tarde outros tres, e entre eles un polo que A súa Maxestade concede amnistía xeral por razón de opinión. (...) A gornición da praza de Cádiz queda decatada das disposicións da súa Maxestade, manifestadas nos citados Reais decretos, (...) e parece estar resolta a obedecelas con toda a submisión que merecen (...). Aínda non escribín a Quiroga nin a Riego o contido dos decretos citados (...) e do resultado darei conta a V.Ex. para o seu goberno e coñecemento da súa Maxestade».
Doc. 3. O xornal El Restaurador valora a presenza do exército francés en España, 1/07/1.823:
«O mundo ve con asombro un exército francés que atravesa a España entre as aclamacións do máis vivo entusiasmo, e que en dous meses dunha marcha triunfal (...) corre desde o Bidasoa ao Manzanares e do Manzanares ao Guadalete para devolverlles aos españois o seu Rei, destronado, aprisionado e cativo por unha minguada facción de españois, reintegrado no goce dos seus antigos sagrados dereitos (...). Os pobos atónitos e desafogando a súa dor co berro nacional de viva Fernando!».
PREGUNTA 3. Elabore unha composición histórica a partir dos textos propostos.
Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre o establecemento da II República. Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debe atender cando menos ás circunstancias que provocaron a caída da monarquía, aos principais obxectivos dos republicanos e ás características máis destacadas da Constitución de 1.931. (5 puntos)
Doc. 1. O republicano Diego Martínez Barrio refírese nas súas Memorias ao final da monarquía:
«O conde de Romanones chamou ao seu domicilio ao vizconde de Casa Aguilar e (…) pediulle que fose canto antes a Palacio e lle dixese ao rei que só quedaba unha solución ao seu xuízo: a súa inmediata saída de España (…). E entón o conde ditoulle a nota seguinte: Os sucesos desta madrugada fai temer [aos ministros] que a actitude dos republicanos poida atopar adhesións de elementos do Exército e forza pública que se neguen en momentos de revolta a empregar as armas contra os perturbadores (…). Para evitalo podería A vosa Maxestade reunir hoxe o Consello para que cada cal teña a responsabilidade dos seus actos e el mesmo reciba a renuncia do Rei para facer a transmisión de poderes. Así se faría posible, no seu día, a pronta volta a España do Rei polo clamoroso chamamento de todos».
Doc. 2. Discurso de Manuel Azaña na praza de touros de Madrid, 29 de setembro de 1.930:
«A República non será o réxime dun partido, é certo; será réxime nacional, neste sentido: que, respectuosa cos Estatutos rexionais que as Cortes sancionen para regular as autonomías locais, amparará co poder do Estado os dereitos de todos. Todos cabemos na República, a ninguén se proscribe polas súas ideas; pero a República será republicana, é dicir, pensada e gobernada polos republicanos, novos ou vellos, que todos admiten a doutrina que funda o Estado na liberdade de conciencia, na igualdade ante a lei, na discusión libre, no predominio da vontade da maioría, libremente expresada. A República será democrática ou non será».
Doc. 3. Constitución de 1.931. Título IV. As Cortes.
«Art. 51. A potestade lexislativa reside no pobo, que a exerce por medio das Cortes ou Congreso dos Deputados.
Art. 52. O Congreso dos Deputados componse dos representantes elixidos por sufraxio universal, igual, directo e secreto.
Art. 53. Serán elixibles para Deputados todos os cidadáns da República maiores de vinte e tres anos, sen distinción de sexo nin de estado civil, que reúnen as condicións fixadas pola lei electoral.
Art. 61. O Congreso poderá autorizar ao Goberno para que este lexisle por decreto, acordado en Consello de Ministros (…). Estas autorizacións non poderán ter carácter xeral».
PREGUNTA 4. Elabore unha composición histórica a partir dos textos propostos.
Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre a política económica do franquismo. Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debe atender cando menos ás características da etapa autárquica, aos impulsos que favoreceron a liberalización económica e aos efectos do "desenvolvemento". (5 puntos)
Doc. 1. Preámbulo á lei de creación do I.N.I., 25/09/1.941:
«A necesidade de vigorizar a nosa economía, fortemente afectada por unha balanza de pagamentos tradicionalmente adversa, inspirou a política do Estado de fomento das industrias de interese nacional (...). Os imperativos da defensa nacional esixen, por outra banda, a creación de novas industrias e a multiplicación das existentes, que permitan apoiar os nosos valores raciais co apoio indispensable dunha potente industria (...). Xorde, pois, a necesidade dun organismo que, dotado de capacidade económica e personalidade xurídica, poida dar forma e realización aos grandes programas de rexurdimento industrial da nosa Nación».
Doc. 2. O xornal ABC anuncia o Plan de Desenvolvemento 1.964-1.967, Madrid, 20/10/1.963.
«Os INVESTIMENTOS PÚBLICOS DURANTE O CUADRIENIO ASCENDERÁN A 335.000 MILLÓNS DE PESETAS. Crearanse novos postos de estudo, aumentará a produción agrícola e industrial, mellorarán os transportes, construiranse vivendas, ampliaranse as telecomunicacións e intensificarase a asistencia social. O PLAN FAVORECERÁ UN RÁPIDO DESENVOLVEMENTO REXIONAL. Obxectivos: Aumentar a renda nacional, producir en mellores condicións, pleno emprego, modificar estruturas, incrementar os investimentos e as exportacións, promover un mercado competitivo, perfeccionar o sistema financeiro, racionalizar a administración e integración na economía mundial».
Doc. 3. Incrementos de produción de produtos metálicos (1.960-1.973):
| Produtos | 1.960 (en miles) | 1.973 (en miles) | Cambio porcentual |
|---|---|---|---|
| Buques, toneladas métricas botadas | 158 | 1.596 | 910 |
| Automóbiles | 40 | 704 | 1.660 |
| Neveiras | 29 | 950 | 3.175 |
| Lavadoras | 77 | 850 | 1.003 |
| Receptores de televisión | 39 | 680 | 1.643 |
Fonte: Baklanoff, Eric., La transformación económica de España y Portugal (la economía del franquismo y del salazarismo), Madrid, Espasa-Calpe, 1.980, p. 92.
Recursos para tu selectividad PAU
selectividad.academy
Academia líder en selectividad PAU online
Guía definitiva PAU 2026
Todo sobre la PAU: fechas, estructura y consejos
Calculadora nota PAU — Gratis
Calcula tu nota de admisión en 30 segundos
Temario selectividad gratis
Qué entra en cada asignatura y dónde ha caído
Nuestras asignaturas
Clases con profesor especialista en la PAU
Selectividad Academy
Aprueba la PAU con nota
Aprende los trucos que no vienen en los libros · Profesores especialistas en la PAU · Damos clase desde cero · Material incluido
Reservar clase gratis →