Examen resuelto de Historia de EspañaOrdinaria 2024

GaliciaHistoria de EspañaABAU 2024 ordinaria100% Resuelto
Pregunta
Pregunta 1
definicions-e-tema
Definicións de termos e desenvolvemento de tema

PREGUNTA 1. Responda os dous apartados seguintes:

1.1. Defina brevemente catro dos oito termos: (2 puntos)

1. Converso, 2. Decretos de Nova Planta, 3. Afrancesados, 4. Estatuto Real, 5. Unión Liberal, 6. Semana Tráxica, 7. Fronte Popular, 8. Contubernio de Múnic.

1.2. Desenvolva un dos catro temas: (3 puntos)

1.2.1. A nova monarquía dos Reis Católicos.
1.2.2. A crise do século XVII: aspectos socioeconómicos e políticos.
1.2.3. O reformismo borbónico en Galicia.
1.2.4. A Ilustración en España.

Pregunta 2
composicion-historica
Composición histórica: a crise da monarquía absoluta

PREGUNTA 2. Elabore unha composición histórica a partir dos textos propostos.

Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre a crise da monarquía absoluta. Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debe atender cando menos aos efectos da Revolución Francesa sobre o reinado de Carlos IV, ás razóns e consecuencias da abdicación real e ás reaccións políticas derivadas da ocupación napoleónica. (5 puntos)

Doc. 1. Godoy narra nas súas Memorias as inquedanzas provocadas pola Revolución Francesa: «O rei Carlos IV e María Luísa recibían cada día, como pode moi ben supoñerse, unha grande impresión, un choque moral con cada noticia nova do que acontecía en Francia: era a época das angustias, das desgrazas do rei Luís XVI, da raíña María Antonieta e da súa infortunada familia (...). As alteracións de Francia eran cada día máis graves; o perigo de contaxio cada vez máis ameazador (…). O trono de Luís XVI acababa de afundirse; a república substituírao e non se falaba senón de revolucionar os Estados veciños, de levar a eles a propaganda e máis a guerra».

Doc. 2. Abdicación de Carlos IV no seu fillo, Aranjuez, 19 de marzo de 1.808: «Como os achaques que padezo non me permiten soportar por máis tempo o grave peso do goberno dos meus reinos e éme preciso para reparar a miña saúde gozar en clima máis temperado da tranquilidade da vida privada, determinei, despois da máis seria deliberación, abdicar a miña coroa no meu herdeiro e moi caro fillo o Príncipe de Asturias. Polo tanto, é a miña real vontade que sexa recoñecido e obedecido como Rei e señor natural de todos os meus reinos e dominios. E para que este o meu real decreto de libre e espontánea abdicación teña o seu exacto e debido cumprimento, comunicareino ao Consello e demais a quen corresponda».

Doc. 3. Proclama da Xunta Suprema do reino de Galicia, A Coruña, 5 de xuño de 1.808: «Galegos: chorastes a sorte do voso amable Fernando; arde nos vosos corazóns o horror á perfidia coa que foi seducido, temedes pola vosa sagrada relixión, (...) mirades xa na vosa imaxinación profanados os altares (...). Chegou o caso: o voso reino (…) resumiu a autoridade soberana, que en tales circunstancias lle compete por dereito, e fai dela o primeiro exercicio, condescendendo aos vosos desexos tan ruidosamente declarados. Tedes xa caudillo; tómanse as decisións máis vigorosas; correde pois ás armas, vamos defender a causa de Deus, o honor da nosa Patria, as nosas vidas e facendas (...). Galegos de dez a corenta anos: alistádevos!, pois mellor é morrer pola vosa relixión e os vosos fogares e a vosa Patria, ca ir cegos ao matadoiro por satisfacer unha ambición desmesurada».

composicion
¿Te atascas con Historia de España? Te lo explicamos en 1 hora
Primera clase gratis · Sin compromiso
Pedir clase gratis
Pregunta 3
composicion-historica
Composición histórica: o movemento obreiro

PREGUNTA 3. Elabore unha composición histórica a partir dos textos propostos.

Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre o movemento obreiro. Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debe atender cando menos á expansión do movemento obreiro no Sexenio, á crecente influencia da AIT e aos principios defendidos por anarquistas e socialistas. (5 puntos)

Doc. 1. A AIT aos obreiros españois, Xenebra, 26 de decembro de 1.868: «Nas repúblicas como nas monarquías, a lei non se fixo ata aquí senón para a garantía e protección dos privilexios económicos e sociais dos que viven ás nosas expensas. Reivindicade polo tanto as reformas que a revolución política por si soa é incapaz de producir para o ben do pobo, para o ben de todos. O obreiro é escravo, non é nada; o obreiro debe ser libre, debe ser todo. E non pode ser libre, e non pode ser todo, sen a revolución social. Tedes en España feita esta revolución? (…) Irmáns de España: os desherdados da sociedade actual teñen unha mesma causa que defender e comprendendo a necesidade de unirse fundaron en Europa e América, a través e a pesar das fronteiras creadas polos nosos opresores, a Asociación Internacional de Traballadores».

Doc. 2. Editorial publicada no semanario anarquista Bandera Social, Madrid, 15 de febreiro de 1.885: «Neste momento profesamos, enfrente do principio de autoridade representado polos gobernos políticos e igrexas relixiosas, o principio de Autarquía; enfrente do barullo e da falta de criterio económico, o Colectivismo; e en substitución dun sistema social que só recoñece como base administrativa a centralización e absorción dos naturais organismos sociais, a Federación. (...) Cremos tamén que o elemento hoxe máis poderoso que pode conducirnos polo camiño da nosa emancipación económico-social é a Federación Rexional de Traballadores, e a ela achámonos individualmente adheridos e colectiva e moralmente consagrados».

Doc. 3. Programa do PSOE aprobado no congreso de Barcelona, 1.888: «Considerando: que esta sociedade é inxusta porque divide aos seus membros en dúas clases desiguais e antagónicas; unha, a burguesía, que posuíndo os instrumentos do traballo, é a clase dominante, outra, o proletariado, que non posuíndo máis que a súa forza vital, é a clase dominada. (...) O Partido Socialista declara que ten por ASPIRACIÓN: 1º. A posesión do poder político pola clase traballadora. 2º. A transformación da propiedade individual ou corporativa dos instrumentos de traballo en propiedade común da nación. 3º. A constitución da sociedade sobre a base da federación económica».

composicion
Pregunta 4
composicion-historica
Composición histórica: as principais reformas da II República

PREGUNTA 4. Elabore unha composición histórica a partir dos textos propostos.

Os seguintes textos deben permitirlle facer unha redacción sobre as principais reformas da II República. Tendo en conta os documentos e o seu contexto, debe atender cando menos ás causas e efectos das reformas agraria, relixiosa e a política de promoción cultural. (5 puntos)

Doc. 1. Lei de Bases da Reforma Agraria. Gaceta de Madrid, 21 de setembro de 1.932: «Base 3ª. A execución desta Lei quedará encomendada ao Instituto de Reforma Agraria, como órgano encargado de transformar a constitución rural española. Base 5ª. Serán susceptibles de expropiación as terras incluídas nos seguintes apartados: 1º. As ofrecidas voluntariamente polos seus donos. 4º. As fincas rústicas de Corporacións, fundacións e establecementos públicos que as exploten en réxime de arrendamento, parcería ou calquera outra forma que non sexa explotación directa. 5º. As que polas circunstancias da súa adquisición, por non seren explotadas directamente polos adquirentes (…), deba presumirse que foron compradas con fins de especulación ou co único obxecto de percibir a súa renda».

Doc. 2. Lei de Confesións e Congregacións relixiosas. Gaceta de Madrid, 3 de xuño de 1.933: «Art. 2. De acordo coa Constitución, a liberdade de conciencia, a práctica e a abstención de actividades relixiosas quedan garantidas en España. Ningún privilexio nin restrición dos dereitos poderá fundarse na condición nin nas crenzas relixiosas. Art. 3. O Estado non ten relixión oficial. Todas as Confesións poderán exercer libremente o culto dentro dos seus templos. Art. 11. Pertencen á propiedade pública nacional os templos de toda clase e os seus edificios anexos».

Doc. 3. Informe sobre as Misións Pedagóxicas: «O equipo misioneiro leva, como elementos materiais de traballo, un proxector cinematográfico (...) cunha selecta selección de películas educativas e de recreo: documentais de aspectos, usos e costumes nacionais e de países afastados, industrias, grandes cidades e pobos salvaxes, arte, paisaxe e curiosidades de España e outros pobos (...), etc.; bibliotecas para as escolas da comarca visitada, e gramófonos e seleccións de discos, dos que serve na actuación, que deixan así mesmo aos mestres para que poidan continuar con estes elementos a obra que se inicia».

composicion
Solución gratuitaVer más exámenes de Historia de España
Compartido0 veces

Recursos para tu selectividad PAU

Selectividad Academy

Aprueba la PAU con nota

Aprende los trucos que no vienen en los libros · Profesores especialistas en la PAU · Damos clase desde cero · Material incluido

Reservar clase gratis →