Examen resuelto de Historia de EspañaExtraordinaria 2025

GaliciaHistoria de EspañaABAU 2025Extraordinaria100% Resuelto
Pregunta
Pregunta 1
Reflexión crítica de fontes de información
Sociedades no tempo: A Ilustración en España

PREGUNTA 1. SOCIEDADES NO TEMPO: REFLEXIÓN CRÍTICA DE FONTES DE INFORMACIÓN (2,5 puntos)

Este curso vostede incorpórase á redacción da revista do seu instituto como encargado/a da sección de divulgación histórica e os/as seus compañeiros/as explícanlle que xa dispoñen dalgún texto elaborado a partir dunha páxina web. Como a páxina consultada carece de referencias bibliográficas, pídenlle que se encargue de revisar o seguinte texto sobre a Ilustración en España, para detectar, explicar e rectificar posibles erros.

TEXTO PARA REVISAR:

Carlos III foi o monarca que impulsou o despotismo ilustrado en España, promovendo numerosas reformas co obxectivo de mellorar a economía e racionalizar as estruturas políticas. Entre as principais medidas adoptadas no seu reinado destaca a liberalización do comercio con América, ao acabar co monopolio español e permitir as viaxes desde os principais portos europeos, o que ía provocar un importante crecemento dos tráficos. As súas medidas tamén se orientaron ao fomento da educación e da cultura, outro dos grandes obxectivos do monarca. Entre elas destaca a creación das Sociedades Económicas de Amigos do País, destinadas a facilitar o acceso á ensinanza universitaria a mozos con escasos recursos.

Responda estes tres apartados:

1.1. Identifique as informacións erróneas. (0,5 puntos)

1.2. Explique os erros detectados. (1,5 puntos)

1.3. Proceda á súa redacción correcta. (0,5 puntos)

Pregunta 2
Análise comparativa
O camiño cara á contemporaneidade — Análise comparativa (opción 2.1 / 2.2)

PREGUNTA 2. O CAMIÑO CARA Á CONTEMPORANEIDADE. DAS REVOLUCIÓNS LIBERAIS AO TARDOFRANQUISMO. ANÁLISE COMPARATIVA (2,5 puntos)

Vostede comeza a traballar nunha radio local que ten previsto realizar unha serie de podcasts sobre a Historia de España. A directora do programa explícalle que a súa intención é ofrecer aos seus oíntes contidos que vaian máis aló dos enfoques tradicionais para presentar os temas desde perspectivas máis razoadas e comparativas. A xefa de redacción encárgalle que presente unha análise comparativa a xeito de exemplo para futuros guións.

Responda un destes dous apartados:

2.1. Compare as características dos partidos Conservador e Liberal durante a Restauración. (2,5 puntos)

2.2. Compare as formas de oposición desenvolvidas polos maquis e polo movemento obreiro durante a ditadura franquista. (2,5 puntos)

¿Te atascas con Historia de España? Te lo explicamos en 1 hora
Primera clase gratis · Sin compromiso
Pedir clase gratis
Pregunta 3
Comentario de texto histórico
Comentario de texto histórico (opción 3.1 / 3.2)

PREGUNTA 3. O CAMIÑO CARA Á CONTEMPORANEIDADE. DAS REVOLUCIÓNS LIBERAIS AO TARDOFRANQUISMO. COMENTARIO DE TEXTO HISTÓRICO (2,5 puntos)

Atendendo aos seguintes criterios:

  • Identificación do tema. (0,5 puntos)
  • Contextualización do documento. (0,5 puntos)
  • Comentario do proceso histórico/tema que se reflicte no documento. (1,5 puntos)

Responda un destes dous apartados:

3.1. Doc.1. Manifesto dos Persas (1.814):
«Señor; era costume dos antigos persas pasar cinco días de anarquía despois do falecemento do seu rei, a fin de que a experiencia dos asasinatos, roubos e outras desgrazas os obrigase a ser máis fieis ao seu sucesor. Para selo España a VM non necesitaba igual ensaio en seis anos da súa catividade […]; mais, como en ausencia de VM se mudou o sistema […] e nos achamos á fronte da nación nun Congreso que decreta o contrario do que sentimos […], cremos un deber manifestar que […] a monarquía absoluta […] é unha obra da razón e da intelixencia: está subordinada á lei divina, á xustiza e ás regras fundamentais do Estado. […] Non podendo deixar de pechar este respectuoso Manifesto […] coa protesta de que se estime sempre sen valor esa Constitución de Cádiz e por non aprobada por VM». (2,5 puntos)

3.2. Doc.2. Declaración ao país efectuada pola Xunta de Defensa Nacional (1.936):
«Basta! Fronte ao marxismo, España; fronte á anarquía, a lei, e encher o abismo odioso que separaba os españois cos froitos benfeitores dunha sólida obra de goberno que asente a solidariedade nacional baixo unha autoridade inflexible, que impoña a orde pública, que asegure a paz e propulse as desmaiadas enerxías da economía […]. Ditas están as causas e insinuados os propósitos deste levantamento nacional, no que o Exército, cerebro, corazón e brazo, enriquece a grandeza da súa acción co sangue popular, que voluntariamente se incorpora ás filas dos salvadores de España». (2,5 puntos)

Pregunta 4
Comentario de táboas de datos
Comentario de táboas de datos (opción 4.1 / 4.2)

PREGUNTA 4. O MODELO DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO ESPAÑOL. RETOS DO MUNDO ACTUAL. COMENTARIO DE TÁBOAS DE DATOS (2,5 puntos)

Atendendo aos seguintes criterios:

  • Análise dos datos da táboa. (1 punto)
  • Explicación do contido. (1,5 puntos)

Responda un destes dous apartados:

4.1. Valores das exportacións mineiras e metalúrxicas españolas (en miles de pesetas) (2,5 puntos)

PeríodoTotal de exportaciónsExportacións mineiras e metalúrxicas% do total
1.849-1.8582.081.631255.41612,2
1.859-1.8683.085.766405.64713,1
1.869-1.8784.566.627972.00221,1

4.2. Distribución da poboación activa masculina por sectores (en porcentaxes) (2,5 puntos)

AnoPrimarioSecundarioTerciario
1.95047,626,525,9
1.96036,630,233,2
1.97022,838,438,8
1.98013,937,248,9
Solución gratuitaVer más exámenes de Historia de España
Compartido0 veces

Recursos para tu selectividad PAU

Selectividad Academy

Aprueba la PAU con nota

Aprende los trucos que no vienen en los libros · Profesores especialistas en la PAU · Damos clase desde cero · Material incluido

Reservar clase gratis →