Examen resuelto de Historia de España — Ordinaria 2025
PREGUNTA 1. SOCIEDADES NO TEMPO: REFLEXIÓN CRÍTICA DE FONTES DE INFORMACIÓN (2,5 puntos)
Este curso vostede está facendo prácticas no arquivo do seu Concello como encargado/a de elaborar os paneis explicativos das diferentes seccións, e os/as seus compañeiros/as dinlle que xa dispoñen dalgún exemplo elaborado con ChatGPT. Como a súa versión do programa é antiga, pídenlle que se encargue de revisar o seguinte texto sobre a configuración do imperio español no século XVI, para detectar, explicar e rectificar posibles erros.
TEXTO PARA REVISAR:
Durante o reinado de Felipe II a política exterior estivo orientada a manter a hexemonía española, o que obrigou a desenvolver un importante esforzo militar. A rebelión de Portugal foi o principal conflito peninsular, provocado pola implantación en territorio luso das institucións e leis de Castela. Ademais, a tradicional rivalidade exterior con Francia e o imperio turco acompañouse de novos problemas, como o enfrontamento coa raíña inglesa Isabel I, que motivou a Empresa de Inglaterra. A dita iniciativa previa a invasión da illa mediante unha Gran Armada que debía achegarse a Escocia para apoiar un levantamento contra os ingleses, o que permitiría o desembarco das tropas españolas e o seu avance cara a Londres.
Responda estes tres apartados:
1.1. Identifique as informacións erróneas. (0,5 puntos)
1.2. Explique os erros detectados. (1,5 puntos)
1.3. Proceda á súa redacción correcta. (0,5 puntos)
PREGUNTA 2. O CAMIÑO CARA Á CONTEMPORANEIDADE. DAS REVOLUCIÓNS LIBERAIS AO TARDOFRANQUISMO. ANÁLISE COMPARATIVA. (2,5 puntos)
Vostede comeza a traballar nunha revista de divulgación que ten previsto publicar unha serie de artigos sobre a Historia de España. A directora da revista explícalle que a súa intención é ofrecer aos seus lectores contidos que vaian máis aló dos enfoques tradicionais para presentar os temas desde perspectivas máis razoadas e comparativas. A xefa de redacción encárgalle que presente unha análise comparativa a modo de exemplo para futuros textos.
Responda un destes dous apartados:
2.1. Compare as características do Sexenio Absolutista e o Trienio Liberal do reinado de Fernando VII. (2,5 puntos)
2.2. Compare as características do Directorio Militar e o Directorio Civil da ditadura de Primo de Rivera. (2,5 puntos)
PREGUNTA 3. O CAMIÑO CARA Á CONTEMPORANEIDADE. DAS REVOLUCIÓNS LIBERAIS AO TARDOFRANQUISMO. COMENTARIO DE TEXTO HISTÓRICO. (2,5 puntos)
Atendendo aos seguintes criterios:
- Identificación do tema. (0,5 puntos)
- Contextualización do documento. (0,5 puntos)
- Comentario do proceso histórico/tema que se reflicte no documento. (1,5 puntos)
Responda un destes dous apartados:
3.1. Doc.1. A política española segundo Benito Pérez Galdós (1.884):
«É moi triste como se fixeron as últimas elecións, co menor número posible de electores, con bastantes resurreccións de mortos e non poucas violencias e atropelos. Xa é costume que só voten os que dunha maneira ou outra sacan partido das amizades e servizos políticos, e a inmensa maioría da nación, mirando tan importante acto con desdén, abstense de tomar parte nel, segura de non alcanzar por procedementos representativos o remedio dos seus males […]. Resultado desta fraude pública, é que as elecións as fai o ministro da Gobernación, e daquela fábrica de votos saen tamén as minorías». (2,5 puntos)
3.2. Doc.2. Pastoral do bispo de Ourense sobre o referendo da Lei de Sucesión (1.947):
«Do éxito ou do fracaso desta lei depende o ser ou non ser, a orde, a vitalidade, a prosperidade, ou a ruína e desaparición da Patria; o triunfo e afirmación definitiva da España auténtica, espiritualista, cristiá, ou a volta á anti-España da revolución vermella, que é o mesmo que a definitiva negación de España […]. Entre a luz e as tebras non hai alianza posible […]. Nin como católicos nin como españois podemos inhibirnos ante o referendo». (2,5 puntos)
PREGUNTA 4. O MODELO DE DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO ESPAÑOL. RETOS DO MUNDO ACTUAL. COMENTARIO DE TÁBOAS DE DATOS. (2,5 puntos)
Atendendo aos seguintes criterios:
- Análise dos datos da táboa. (1 punto)
- Explicación do contido. (1,5 puntos)
Responda un destes dous apartados:
4.1. Propietarios e valor dos bens desamortizados entre 1.836 a 1.867 (en millóns de reais) (2,5 puntos)
| Período | Clero | Beneficencia | Concellos | Outros | Total |
|---|---|---|---|---|---|
| 1.836-1.844 | 3.447 | 0 | 0 | 0 | 3.447 |
| 1.855-1.856 | 324 | 167 | 160 | 116 | 767 |
| 1.858-1.867 | 1.253 | 461 | 1.998 | 438 | 4.150 |
| Total | 5.024 | 628 | 2.158 | 554 | 8.364 |
4.2. Incrementos de produción de produtos metálicos (1.960-1.973) (2,5 puntos)
| Produtos | 1.960 (en miles) | 1.973 (en miles) | Cambio porcentual |
|---|---|---|---|
| Buques, toneladas métricas botadas | 158 | 1.596 | 910 |
| Automóbiles | 40 | 704 | 1.660 |
| Neveiras | 29 | 950 | 3.175 |
| Lavadoras | 77 | 850 | 1.003 |
| Televisores | 39 | 680 | 1.643 |
Recursos para tu selectividad PAU
selectividad.academy
Academia líder en selectividad PAU online
Guía definitiva PAU 2026
Todo sobre la PAU: fechas, estructura y consejos
Calculadora nota PAU — Gratis
Calcula tu nota de admisión en 30 segundos
Temario selectividad gratis
Qué entra en cada asignatura y dónde ha caído
Nuestras asignaturas
Clases con profesor especialista en la PAU
Selectividad Academy
Aprueba la PAU con nota
Aprende los trucos que no vienen en los libros · Profesores especialistas en la PAU · Damos clase desde cero · Material incluido
Reservar clase gratis →