Saltar al contenido

Examen resuelto de Química — Extraordinaria 2024

Galicia8 problemas100% Resuelto
Pregunta
Pregunta 1
2 puntos(1 + 1)
Estrutura atómica e enlace
Potencial de ionización e condución eléctrica
1.1. Ordene os seguintes elementos razoadamente en orde crecente do potencial de ionización: C, Be, K, N e F.
1.2. Indique razoadamente cales das seguintes especies conducen a corrente eléctrica: un fío de Cu, un cristal de LiF e unha disolución acuosa de NaCl.
1.1
Ordene C, Be, K, N e F en orde crecente de potencial de ionización.
(1 pt)
1.2
Indique cales conducen a corrente eléctrica.
(1 pt)
Pregunta 2
2 puntos(1 + 1)
Enlace químico e xeometría molecular
TRPECV do H₂Se e hibridación do H₂O
2.1. En base á teoría de repulsión dos pares de electróns da capa de valencia xustifique a xeometría electrónica e molecular do H₂Se, e discuta razoadamente se ten ou non momento dipolar.
2.2. Sabendo que a molécula de H₂O ten xeometría electrónica tetraédrica e molecular angular: prediga razoadamente o valor do ángulo de enlace, indique que orbitais híbridos empregará o átomo de osíxeno para formar os enlaces na molécula, indicando como se forman os ditos orbitais.
2.1
Xeometría e momento dipolar do H₂Se.
(1 pt)
2.2
Ángulo de enlace e hibridación do H₂O.
(1 pt)
✓
¿Te atascas con Química? Te lo explicamos en 1 hora
Clase particular · Sin compromiso
Pedir clase
Pregunta 3
2 puntos(1 + 1)
Química orgánica e redox
Nomenclatura orgánica con isomería e reacción Zn/Cu²⁺
3.1. Nomee os seguintes compostos e razoe se algún deles presenta isomería xeométrica.
[Se adjuntan as fórmulas no PDF: i) CH₃-C(=O)-NH-CH₃, ii) CH₃-CH₂-CH₂-CH₃ con OH, iii) H₂N-C(=O)-OH, iv) HO-C(=O)-CH=CH-Cl]
3.2. Explique razoadamente que sucederá se introducimos unha vara de Zn nunha disolución 1,0 M de nitrato de cobre(II).
Datos: E°(Cu²⁺/Cu) = +0,34 V e E°(Zn²⁺/Zn) = -0,76 V
3.1
Nomee os compostos e identifique isomería xeométrica.
(1 pt)
3.2
Que sucede ao introducir Zn en Cu(NO₃)₂?
(1 pt)
Pregunta 4
2 puntos(1 + 1)
Ácido-base (ácido débil)
Grao de ionización e Ka do HCN
Prepárase unha disolución acuosa de ácido cianhídrico, HCN, disolvendo 0,67 g do ácido nun volume final de disolución de 500 mL. Se o pH da disolución resultante é de 4,9, calcule:
4.1. O valor do grao de ionización do ácido.
4.2. O valor da constante do ácido (Ka) e o valor da constante da súa base conxugada (Kb).
Datos: Kw = 1,0·10⁻¹⁴
4.1
Calcule o grao de ionización.
(1 pt)
4.2
Calcule Ka e Kb.
(1 pt)
📊
Calcula tu nota de selectividad
Nuestra calculadora te dice si llegas a la nota de corte
Ir a la calculadora
Pregunta 5
2 puntos(1 + 1)
Produto de solubilidade
Solubilidade do Ba(OH)₂ e efecto do ión común
Prepárase unha disolución saturada de hidróxido de bario en auga a 25°C, alcanzándose un valor de pH = 11.
5.1. Calcule a cantidade máxima en g de hidróxido de bario que se pode disolver en 2 L de auga.
5.2. Determine o valor do produto de solubilidade e discuta razoadamente como afectará á solubilidade do hidróxido de bario a adición de BaCl₂, considerando que este sal está completamente disociado.
Datos: Kw = 1,0·10⁻¹⁴
5.1
Cantidade máxima de Ba(OH)₂ en 2 L de auga.
(1 pt)
5.2
Kps e efecto de engadir BaCl₂.
(1 pt)
Pregunta 6
2 puntos(1 + 1)
Equilibrio químico
Equilibrio SbCl₅ ⇌ SbCl₃ + Cl₂
Introdúcese nun reactor 0,5 moles de SbCl₅(g) a 25°C, e tras alcanzar o seguinte equilibrio, SbCl₅(g) ⇌ SbCl₃(g) + Cl₂(g), obtéñense 0,15 moles de Cl₂(g), sendo a presión total de 3 atm. Calcule:
6.1. A presión parcial de cada gas no equilibrio.
6.2. O valor de Kp e Kc.
Datos: R = 0,082 atm·L·K⁻¹·mol⁻¹
6.1
Presión parcial de cada gas.
(1 pt)
6.2
Calcule Kp e Kc.
(1 pt)
📚
Practica con más exámenes de Química
El mayor directorio de selectividad de España · Gratis
Ver exámenes
Pregunta 7
2 puntos(1 + 1)
Calorimetría e destrezas de laboratorio
Entalpía de neutralización HCl/NaOH
Nun laboratorio disponse dunha disolución acuosa de 100 mL de HCl 2,0 M e outra de 100 mL de NaOH 2,0 M.
7.1. Calcule o valor da entalpía de neutralización expresado en kJ/mol, cando se mesturan ambas disolucións, sabendo que o incremento de temperatura que se produce é de 12°C. Datos: considere depreciable a capacidade calorífica do calorímetro: calor específico(mestura) = calor específico(auga) = 4,18 J/g°C; densidades das disolucións do ácido e da base = 1,0 g/mL.
7.2. Describa o procedemento que se debe levar a cabo indicando o material necesario para determinar a entalpía de neutralización.
7.1
Calcule a entalpía de neutralización en kJ/mol.
(1 pt)
7.2
Describa o procedemento e material necesario.
(1 pt)
Pregunta 8
2 puntos(1 + 1)
Estequiometría e destrezas de laboratorio
Precipitación PbCl₂ e filtración a baleiro
Mestúranse 40 mL dunha disolución 0,1 M de cloruro potásico con 30 mL doutra disolución 0,1 M de nitrato de chumbo(II), e obtéñense 0,48 g dun precipitado de cloruro de chumbo(II) de cor branca.
8.1. Escriba a reacción completa que ten lugar e calcule a porcentaxe de rendemento da reacción.
8.2. Explique o procedemento que empregaría para separar o precipitado formado mediante unha filtración a baleiro, indicando o material a empregar e debuxando a montaxe a utilizar.
8.1
Reacción e porcentaxe de rendemento.
(1 pt)
8.2
Procedemento de filtración a baleiro.
(1 pt)
🧠Practica Química gratis con preguntas tipo testHacer quiz
Solución gratuitaVer más exámenes de Química
Compartido790 veces

Recursos para tu selectividad PAU

Selectividad Academy

Aprueba la PAU con nota

Aprende los trucos que no vienen en los libros · Profesores especialistas en la PAU · Damos clase desde cero · Material incluido

Pedir clase →