Examen resuelto de Química — Ordinaria 2025
Galicia4 problemas100% Resuelto
Pregunta 1
3,6 puntos(1,1 + 1,2 + 1,3)
Calorimetría e neutralización
Entalpía de neutralización HCl/NaOH nun calorímetro
Supoña que vostede traballa no departamento de emerxencias dunha fábrica que emprega ácido clorhídrico (HCl) no proceso de produción e debe elaborar un procedemento para neutralizar o ácido en caso de derrame accidental, para o que dispón dunha gran cantidade de disolución de hidróxido sódico (NaOH) no almacén da fábrica. A reacción entre ambas sustancias xera un produto inocuo; HCl(aq) + NaOH(aq) → NaCl(aq) + H₂O(l). Porén, vostede sabe que ao mesturar directamente un ácido e unha base fortes despréndese gran cantidade de calor que podería elevar a temperatura do derrame ata limites perigosos. Porén, é importante cuantificar a calor desprendida no proceso de neutralización tendo en conta as condicións de traballo na fábrica: todos os produtos se almacenan a 25°C en disolución; a concentración da disolución de NaOH é 1 M e a do HCl 2 M.
1.1. Deseñe un aparato para determinar, de forma aproximada, a entalpía da reacción de neutralización do HCl co NaOH nas condicións do suposto vertido, a 25°C. Para levar a cabo o deseño debe escoller o material que considere máis apropiado de entre o que se indica a continuación e describir como sería o procedemento que realizaría para determinar a entalpía no dispositivo deseñado. Material: vaso de precipitados, tela illante, tapón de cortiza do tamaño do vaso de precipitados, termómetro, tesoiras, punzón para facer buratos, matraz aforado, tapón de vidro do tamaño do matraz aforado, bureta, probeta, vara axitadora e cinta adhesiva. (1 punto)
1.2. Supoña que levou a cabo un experimento para determinar a entalpía da reacción de neutralización co aparato que deseñou, empregando 100 mL da disolución de HCl e 200 mL da disolución de NaOH e obtivo os resultados amosados na Táboa I. A partir destes datos calcule a entalpía de neutralización molar nas condicións de traballo da fábrica. (1 punto)
Táboa I: Tempo(s): 0, 15, 30, 45, 60; Temperatura(°C): 25,00; 30,16; 34,19; 34,18; 34,16.
Nota: considere que a densidade da disolución resultante de mesturar o ácido coa base e 1 g/cm³, que a súa capacidade calorífica é igual a da auga, 4,18 J/g°C, e que os volumes son aditivos. Desprece a capacidade calorífica do calorímetro.
1.3. No caso dun vertido accidental traballaríase con grandes volumes de ácido e base. Alteraría este feito a temperatura máxima que podería acadar a mestura de neutralización? Tendo isto en conta, discuta razoadamente se considera que este sería un bo método de neutralización. (0,5 puntos)

1.1
Deseñe un calorímetro e describa o procedemento.
(1 pt)1.2
Calcule a entalpía de neutralización molar.
(1 pt)1.3
Discuta se a temperatura cambia con volumes maiores.
(0,5 pts)Pregunta 2
9 puntos(2,1 + 2,2 + 2,3 + 2,4)
Redox e electroquímica
Axuste redox Ag/HNO₃ e electroquímica Cu²⁺
2.1. O nitrato de prata obtense facendo reaccionar a prata metálica con ácido nítrico, segundo a seguinte reacción: HNO₃(aq) + Ag(s) → AgNO₃(aq) + NO(g) + H₂O(l). Axuste as ecuacións iónica e molecular polo método do ión-electrón. (1 punto)
2.2. Se reaccionan 40 g de prata coa suficiente cantidade de HNO₃, calcule a cantidade de nitrato de prata que se obterá sabendo que o rendemento da reacción é do 60%. (1 punto)
Responda un destes dous apartados 2.3 ou 2.4:
2.3. Xustifique razoadamente se nunha disolución acuosa a 25°C a Ag metálica podería reducir os ións Cu²⁺(ac) a Cu(s). (0,5 puntos)
2.4. Faise pasar unha corrente eléctrica de 2 A a través de 250 mL dunha disolución acuosa 0,1 M de ións Cu²⁺. Calcule cantos minutos deben pasar para que todo o Cu²⁺ presente na disolución se deposite como cobre metálico. (0,5 puntos)
Datos: E°(Ag⁺/Ag) = +0,80 V e E°(Cu²⁺/Cu) = +0,34 V; Constante de Faraday: 96 485 C

2.1
Axuste polo método do ión-electrón.
(1 pt)2.2
Calcule a masa de AgNO₃ obtida con rendemento do 60%.
(1 pt)2.3
Pode a Ag reducir Cu²⁺ a Cu?
(0,5 pts)2.4
Tempo para depositar todo o Cu²⁺ con I = 2 A.
(0,5 pts)✓
¿Te atascas con Química? Te lo explicamos en 1 hora
Primera clase gratis · Sin compromiso
Pregunta 3
18,9 puntos
Solubilidade e química orgánica
Produto de solubilidade Co(OH)₂ / Orgánica (isomería, eliminación)
Responda un destes dous apartados 3.1. ou 3.2:
3.1. Disólvese hidróxido de cobalto(II) en auga a 25°C ata obter unha disolución saturada na que a concentración de [OH⁻] é de 3·10⁻⁵ M.
3.1.1. Determine a constante do produto de solubilidade do Co(OH)₂ a esa temperatura. (1 punto)
3.1.2. Determine o pH da disolución saturada. (0,5 puntos)
3.1.3. Discuta razoadamente se o Co(OH)₂ será máis ou menos soluble en auga se engadimos a disolución CoCl₂, sal moi soluble en auga a 25°C. (1 punto)
3.2. Responda os tres subapartados seguintes:
3.2.1. Escriba as fórmulas semidesenvolvidas dos seguintes compostos, identificando e nomeando o grupo funcional principal en cada un deles: propanal, etanoato de propilo, dimetiléter e but-2-eno. (1 punto)
3.2.2. Escriba a reacción que ten lugar cando o but-2-eno reacciona con HBr indicando que tipo de reacción é e xustifique se o composto obtido presenta isomería óptica ou xeométrica. (1 punto)
3.2.3. Xustifique empregando a reacción correspondente a veracidade da seguinte afirmación: "O etanol reacciona con H₂SO₄ dando un alquino" (0,5 puntos)
Datos: Kw = 1,0·10⁻¹⁴

3.1.1
Determine a Kps do Co(OH)₂.
(1 pt)3.1.2
Determine o pH.
(0,5 pts)3.1.3
Efecto de engadir CoCl₂ sobre a solubilidade.
(1 pt)3.2.1
Fórmulas e grupos funcionais.
(1 pt)3.2.2
Reacción but-2-eno + HBr e isomería.
(1 pt)3.2.3
Veracidade: etanol + H₂SO₄ → alquino?
(0,5 pts)Pregunta 4
24,9 puntos
Ácido-base e enlace químico
Disociación HClO / Lewis SiF₄ e números cuánticos
Responda un destes dous apartados 4.1. ou 4.2:
4.1. Responda os tres subapartados seguintes:
4.1.1. Disponse dunha disolución de ácido hipocloroso (HClO) de concentración 0,01 M (Ka(HClO) = 3·10⁻⁸). Calcule o grao de disociación do dito ácido. (1 punto)
4.1.2. Discuta razoadamente se unha disolución dun ácido HA da mesma concentración cá disolución do HClO do apartado 4.1.1 e que ten unha Ka(HA) = 10⁻¹⁴ terá un pH maior ou menor. (1 punto)
4.1.3. Discuta razoadamente cal será o pH dunha disolución de nitrato de potasio (KNO₃). (0,5 puntos)
4.2. Responda os tres subapartados seguintes:
4.2.1. Escriba a estrutura de Lewis da molécula de SiF₄ e, en base á teoría de repulsión dos pares de electróns da capa de valencia, xustifique a súa xeometría electrónica e molecular. (1 punto)
4.2.2. Discuta razoadamente se a molécula do apartado anterior 4.2.1. será polar. (0,5 puntos)
4.2.3. Para os seguintes grupos de números cuánticos, explique razoadamente cales non estarían permitidos. Para os grupos nos que os números cuánticos si están permitidos, indique a que orbital atómico pertencen: (3, 2, 0), (2, 3, 1), (2, -1, 1) e (4, 1, 0). (1 punto)

4.1.1
Calcule o grao de disociación do HClO 0,01 M.
(1 pt)4.1.2
pH dun ácido HA con Ka = 10⁻¹⁴ vs HClO.
(1 pt)4.1.3
pH dunha disolución de KNO₃.
(0,5 pts)4.2.1
Lewis e xeometría do SiF₄.
(1 pt)4.2.2
Polaridade do SiF₄.
(0,5 pts)4.2.3
Números cuánticos permitidos.
(1 pt)Recursos para tu selectividad PAU
selectividad.academy
Academia líder en selectividad PAU online
Guía definitiva PAU 2026
Todo sobre la PAU: fechas, estructura y consejos
Calculadora nota PAU — Gratis
Calcula tu nota de admisión en 30 segundos
Temario selectividad gratis
Qué entra en cada asignatura y dónde ha caído
Nuestras asignaturas
Clases con profesor especialista en la PAU
Selectividad Academy
Aprueba la PAU con nota
Aprende los trucos que no vienen en los libros · Profesores especialistas en la PAU · Damos clase desde cero · Material incluido
Reservar clase gratis →